jueves, 21 de abril de 2011

A orixe das especies e da linguaxe, no programa Redes

A polución e pesca descontrolada danan a biodiversidade


Despois de realizarse unha intensa investigación sobre a situación dalgunhas especies mariñas no Mediterraneo, o resultado non foi nada bo para algunha delas, principalmente os peixes pertencentes a categoría de cartilaxinosos, 31 das 76 especies desaparecerán se non se fai nada por evitalo. Entre estas especies están: o tiburón toro, o peixe serra, os anxelotes, a raia maltesa...Pero dentro de todas estas o máis castigado é o tiburón.



Aínda que os máis afectados son os anteriormente citados, tamén sofren o perigo de desaparecer outras moitas, xa que o 40% das especies mariñas do Mediterraneo están ó borde da desaparición, fronte a porcentaxe na que están o resto das especies mariñas no resto do planeta que é un 17%.

Causas polas que os tiburóns son os máis catigados deste mar:

- Tardan moito máis tempo que outras especies en recuperar a súa poboación.

- Son as maiores víctimas da pesca occidental.

- A súa alimentación é cada vez máis escasa e de mala calidade, pola perda de biodiversidade.

- A contaminación failles máis dano que ó resto, xa que acumulan os tóxicos no seu organismo.

- Son altamente sensibles á sobrepesca xa que, teñen unha maduración sexual tardía, un crecemento lento e unha taxa de reproducción baixa.

Como intento de remedio a todo isto, a IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) pide que se cumplan as leis europeas, entre as que están: Dotar con aberturas suficientes as redes para que as crías e os peixes pequenos poidan escapar, prohibición da pesca de arrastre en zonas protexidas donde existan especies fráxiles como o coral, creación de áreas mariñas protexidas fóra de zonas costeiras, descartar o uso de artes de arrastre a menos de tres millas náuticas da costa( 5,5 Km)...

Para máis información: click aquí

Editado por Lidia Blanco 1º A