viernes, 1 de febrero de 2013

10 curiosidades sobre o Home de Neandertal

A raíz da posibilidade de "resucitar" ao Home de Neandertal, espertouse a curiosidade por este homínido intelixente. Estas son algunhas peculiaridades sobre el :

1. O cruce entre Homo Sapiens e Homo Neanderthalensis beneficiou a nosa especie.


   O cruce entre as dúas especies puido producirse na migración do Homo Sapiens fóra de África. Dito cruce favoreceunos xa que introdiciu variantes de xenes do sistema inmunolóxico que nos permiten recoñecer e destruir patóxenos. Grazas a isto podemos superar un simple catarro.


2. Todos somos Neandertais.
Todos os seres humanos excepto os africanos posuimos no noso ADN unha pegada neandertal debido aos cruces que houbo entre as dúas especies. Sabemos a secuencia do xenoma do Home de Neandertal grazas a Svante Pääbo e a colaboracíon de investigadores de todo o mundo entre eles varios españois.

3. Aprenderon a fabricar ferramentas e xoias do Homo Sapiens.
Os investigadores creen que os neandertais aprenderon a facer xoias e ferramentas dos humanos modernos cos que conviviron en España e Francia hai 40.000 anos. Esta capacidade indica que puideron comportarse de maneira parecida ao home moderno.

4. Adoraban os adornos e as plumas.


Segundo un estudo do CSIC, os neandertais usaban plumas de aves e colares de cunchas para adornarse, incluso maquillábanse. O uso de plumas de córvidos e rapaces fai pensar que tiñan un pensamento simbólico, o que os fai semellantes aos seres humanos.

5.Cociñaban as verduras e comían marisco.
Os científicos chegaron a esta conclusión tras o achado de dentes fosilizados nos cales había restos de alimentos previamente tratados. O que leva a conclusión de que controlaban o lume. Ademais os que habitaban na Península Ibérica comían marisco.

6.Curaban os seus males con camomila
Ao igual que hoxe en día, os neandertais usaban a camomila contra as dores de estómago. E coñecían outras moitas plantas curativas.

7. Intercambiaban as súas mulleres.
As femias intercambiábanse entre un grupo e outro, o que evitaba a endogamia. En cambio os machos permanecían no seu núcleo familiar orixinal.

8. Pintaron Altamira?
Unha datación realizada coa técnica Uranio-Torio 50 desvela que 50 pinturas de 11 covas españolas (entre elas Altamira) pertencen a unha forma de arte primitivo 10.000 anos máis antiga do que se cría, é dicir, que son dunha época na que aínda non chegara o Homo Sapiens a Europa.

9. A súa desaparición foi un misterio.
Desapareceron repentinamente hai 40.000 anos, e é un dos maiores misterios da evolución humana. Algúns investigadores pensan que a chegada do Homo Sapiens a Europa foi a causa da desaparición dos neandertais, xa que puideron chegar a superar 10 veces a poboación neandertal.

10. É tecnicamente posible "resucitar" ao Home de Neandertal.
George Church (experto en xenética da Universidade de Harvard) cre na posibilidade de volver a traer ao mundo ao Home de Neandertal, xa que temos o seu ADN, pero apunta que de realizarse dita fazaña habería moitos problemas éticos.

Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/20130127/abci-diez-curiosidades-fascinantes-sobre-201301251422_1.html

Adriana Canto Calviño, 1º BACH. A