
Un astrónomo da Universidade de Hawai foi o responsable deste encontro. O telescopio Keck foi o que nos proporcionou a primeira imaxen directa dun planeta xoven en proceso de formación ao redor dunha estrela.
O planeta, coñecido polos astrónomos como LKCA 15b, parécese a un protoplaneta quente rodeado dunha franxa de polvo frío e gas que entran no planeta.
Adán Kraus, o astrónomo de dito descubrimento, afirmou que ata o de agora non se poderan captar imáxes dun planeta neste proceso que ocorre moi preto dunha estrela, e incluso, poder medir o polvo que se encontra ao seu redor, como ocorreu neste caso.
The Guardian, nome deste estudo, usou un truco óptico que usan os astrónomos e no cal mezclan a óptica adaptativa cunha técnica chamada “máscara de apertura interferométrica”. Desta maneira é como colocar un espello para corrixir de maneira máis rápida as distorsións da luz estelar.
Ademáis, Adán Kraus, recoñece que comezaron a estudar o LKCA 15b, ao detectar un pequeno punto ao carón dunha estrela, o que lles fixo pensar que podía ser un planeta similar a Júpiter, oque lles levaría a estudar máis este planeta.
María Cid Nóvoa 1ºE