sábado, 19 de octubre de 2013

O GD61 AMÓSANOS PISTAS SOBRE A POSIBLE FORMACIÓN DE EXOPLANETAS HABITABLES

Os restos dun corpo rochoso con auga ó redor dunha enana branca foi atopado fóra do noso Sistema Solar por un equipo de astrofísicos europeos.




Coa axuda dos telescopios espaciais “Hubble” e “Keck” (Hawái), e dos científicos británicos e alemáns puideron analizar os compoñentes que rodean a enana branca (remanente estelar localizado a 170 anos luz) que se chama GD61.


Estes compoñentes son rochosos: ferro, silicio, magnesio e aluminio; máis exceso de osíxeno (esta información foi publicada en Science). Isto quere dicir que ese material perteneceu a un corpo máis grande composto por unha porcentaxe de auga parecida a algún asteroides do cinturón do noso Sistema Solar, en concreto o 26 %.



Esta composición ofrece pistas sobre a formación e evolución de exoplanetas nos que se atopa a vida xa que é a primeira vez que descobren auga en corpos rochosos fóra de Sistema (este elemento xa se atisbara na atmosfera de xigantes planetas gaseosos).



Como conclusións obtiveron que  mesmo podería haber pasado no noso Sistema xa que ese asteroide con auga sería un bloque de construcción para a formación de exoplanetas habitables. Eses bloques están ao redor do GD61 e ao redor de estrelas nai por todo o Universo. Outro resultado é que a auga pode sobrevivir a unhas temperaturas altas pola evolución de estrelas cara as enanas brancas. Polo que puido haber existido planetas con vida nun pasado onde se atopaba o GD61.





A cuestión é: haberá zonas fóra do noso sistema onde haxa mellor condicións habitables para a superviviencia de seres vivos, ou quizais...esas condicións as houbo nun pasado onde si puido existir a vida?



















FONTES: 

Aquí tedes un enlace para ver esta noticia escrita no idioma universal da ciencia, o inglés: