lunes, 10 de octubre de 2011

Conferencia O lado escuro do universo

O vindeiro xoves 13 de outubro, Foro A Rexión, presenta ao Director do Observatorio Astronómico da Universidade de Valencia, Vicent J. Martínez coa conferencia "O lado escuro do universo". Tratará nela de explicar a actual teoría da expansión do universo segundo os recentes Nobel de Física Brian P. Schmidt, Saul Perlmuttert e Adam G. Riess.

Outro satélite ameaza con impactar na Terra


O satélite alemán ROTSA poderia impactar nunha semana sobre a Terra, segindo os pasos doutro artefacto da NASA. De momento, desde a Axencia Espacial Europea apuntan que non saben onde caera , pero si sinalan que o seu risco potencial é maior que o da UARS, que caeu o pasado 24 de setembro no Pacífico.

O ROSAT era un telescopio de Raios X que se lanzou ao espazo en 1990. Oito anos despois quedou inútil. Segundo uns porque se queimou de tanto apuntar cara ao Sol directamente, segundo outros por culpa dun virus informático. O caso é que quedou dando voltas sobre as nosas cabezas inutilizado drante 13 anos, e agora as súas 2.4 toneladas ameazan con caer sobre elas.

Segundo funcionarios do Centro Aeroespacial Alemán, o telescopio podería colisionar en calquera punto desde Canadá ata o sur de América. Na ESA cren que tardará unha semana en alcanzar a atmosfera terrestre, pero é un prazo que outras Foster prolongan ata comezos de novembro.

Os técnicos sinalaron que o ROSAT foi deseñado para romper nunha treintena de grandes pezas de ata 1.6 toneladas, e cabe posibilidade de que non se desintegre ao atravesar a atmosfera.

Enlaces: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/10/ciencia/1318260856.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/09/23/ciencia/1316804377.html



Sandra Vázquez Fernández 1º E