miércoles, 22 de diciembre de 2010

2010: Un gran paso para a ciencia.

Como todos sabemos, estamos a consumir os derradeiros días deste 2010. Neste ano 2010 producironse moitos descubrimentos importantes, pero entre eles destacan os seguintes 10, que fixeron deste ano 2010, un gran ano para a ciencia:
1-A primeira maquina cuántica.
Trátase dunha maquina que segue as leis da fisica cuántica que podería ter unha aplicación no futuro como detectora de radiacións ultrasensibles provintes do espazo.
2-O cromosoma artificial.
Como xa vimos na clase, trátase da xeración dun cromosoma artificial a partir dunha bacteria, descubrimento que se levou a cabo gracias a Craig Venter e o seu equipo.
3-O genoma neandertal.
O científico Svante Pääbo descubriu o genoma neandertal a partir da secuencia do ADN de 3 fósiles de 40.000 anos de antiüedade.
4-Profilaxe do sida.
Ensayos clínicos permitiron o descubrimento de 2 novos métodos de prevención do contaxio do VIH.
5-Xenes de enfermedades raras.
O estudo das secuencias do xenoma permitiu identificar as mutacións realizadas por enfermidades pouco comúns.
6-Simulación molecular.
Pensar nunha simulación das curvas dunha proteína ata o ano 2010 era unha autentica locura. Hoxe, gracias a un equipo que utilizou unha das computadoras máis potentes do mundo, isto é posible.
7-Simulador cuantico.
As leis da física cuántica resultan moi complexas ás veces, e para chegar a unha simple conclusion ás veces hay que dar moitas voltas. Un grupo de científicos conseguiron deseñar un programa informático capaz de realizar moitas de estas operacións en segundos e así conseguir un gran avance no tempo da invstigación.
8-Xenómica de nova xeración.
A investigación xenómica estase a desenvolver a pasos axigantados, ata tal punto de permitir estudar a gran escala o ADN.
9-Reprogramación celular.
Desde este ano, por incrible que pareza, é posible reprogramar unha celula modificando o seu desarrollo para facer que se comporten coma celulas madre.
10-Regreso das ratas aos laboratorios.
Dende sempre as ratas foron un papel moi importante para a investigación nos laboratorios. Ainda asi, existian certos problemas que complicaban os experimentos realizados con elas. Hoxe en dia estes problemas solucionaronse e as ratas volven a formar parte dos grandes descubrimentos da ciencia.



Mario Blanco Cid 1ºA Bach

Cientifícas na sombra.

O historiador Richard Holmes estuda o papel dás mulleres na ciencia e asegura que fixeron unha importante función a pesar de estar relegadas como axudantes, esposas, irmás ou fillas de científicos facendo de adxuntas, tradutoras ou difusoras. Europa discriminou ás científicas ata ben entrado ou século XX. Estas investigadoras esquecidas non quedaron cos brazos cruzados, senón que se mantiveron activas traballando na sombra. Un dos casos máis relevantes é o que aconteceu EN 1667 Royal Society de Londres. Margaret Cavendish asistiu a unha reunión de dita sociedade para explicar os seus experimentos coas cores e cos imáns. Os homes protestaron contra a intervención do que chamaban sexo débil, o que lle atrivuian un pequeno cerebro para ás ciencias. Foron tantos os perxuízos, que as mulleres tiveron que esperar 278 anos, ata 1945, para poder ser admitidas como membros de cheo na Royal Society de Londres.
Este caso de descriminación por razón xénero non é o unico. Así, Hertha Ayrton (1854-1923), estudou matemáticas e obtivo un certificado de asistencia porque os títulos e gradacións eran só para os homes. Co certificado, sen valoración polos seus estudos, Hertha foise a Londres e casou cun dos seus profesores de Física e con el avanzou nos seus experimentos sobre sistemas eléctricos. En 1904, foi a primeira muller que presentou o seu traballo nunha sesión da Royal Society de Londres, neste caso os homes non protestaron, pero non a miraron con boa cara.
A Herta permitíronlle ir á universidade, de oínte, pero á escocesa Mary Somerville (1780-1872) nin sequera desta forma. Tamén lle negaron a entrada ao observatorio do Vaticano por ser muller. Dedicábase á astronomía e as matemáticas, e traduciu ao inglés un estudo pioneiro do astrónomo francés Pierre-Simon Laplace sobre a estrutura matemática do sistema solar.

A que nunca foi admitida en ningunha institución foi a paleontóloga Mary Anning (1799-1847); autodidacta e de familia humilde, era coñecida como coleccionista de fósiles atopados nos cantis de Dorset, sur de Inglaterra. Custoulle moito que os seus colegas recoñecésenlle os seus descubrimentos no campo dos dinosauros; identificou o primeiro esqueleto de ichtiosauro e de plesiosauro e o primeiro de pterosaurio fóra de Alemaña. Foi coñecida no Círculo de Xeoloxía de Europa e América, a pesar de ser rexeitada pola Geological Society de Londres. Este ano, a Royal Society incluír entre as dez mulleres máis importantes que influíron na historia da ciencia.
A Ciencia non era indiferente para as mulleres victorianas, nas épocas des Darwin xurdiron un tropel a favor do evolucionismo e outro grupo en contra, pero o acceso ao mundo académico, a vía máis frecuente para o coñecemento científico, estivo restrinxido ás mulleres ata ben avanzado o século XX.
Na actulidade no reino Unido, aínda só o 12.3%, dos traballos en ciencias, enxeñería e tecnoloxía, ocúpanos mulleres e estas abandonan o dobre a Ciencia que os homes (AÍNDA QUEDA MOITO QUE CAMBIAR)
Ariana Pascual Sas 1ºC

FELICIDADES


Os meus mellores desexos para o 2011 e feliz Nadal para todos os blogueros, lectores, comentadores e seguidores.
Carmen Cid Manzano



Científicas na sombra

Europa discriminou ás científicas ata ben entrado ou século XX. Estas investigadoras esquecidas non quedaron cos brazos cruzados, senón que se mantiveron activas traballando na sombra.
O historiador Richard Holmes estuda ou papel dás mulleres na ciencia e asegura que fixeron unha importante función a pesar de estar relegadas como axudantes, esposas, irmás ou fillas de científicos facendo de adxuntas, tradutoras ou difusoras.

As teorías de Charles Darwin non deixaron indiferentes ás abrandares victorianas e entre estas xurdiu un tropel a favor do evolucionismo e outro grupo en contra. Hoxe, o 12.3% dos traballos en ciencias, enxeñería e tecnoloxía ocúpanos mulleres e estas abandonan o dobre a ciencia que os homes en Reino Unido.Este ano, a Royal Society incluíu entre as dez abrandares máis importantes que influíron na historia dá ciencia, este feito amósanos como cambiaron as cousas.

Hai moitos outros casos como os que lle aconteceron as científicas e investigadoras: Marie Curie, Anthene Donald, Hertha, Ayrton Mary Somerville e Mary Anning.

Un dous casos máis relevantes é o que aconteceu na Royal Society de Londres. En 1667, Margaret Cavendish asistiu a unha reunión dá Royal Society de Londres, fundada en 1660, na que quería explicar os seus experimentos coas cores e cos imáns. Os homes protestaron contra a intervención do sexo débil e ou seu pequeno cerebro para as ciencias, un dos prexuízos de séculos anteriores. As abrandares tiveron que esperar 278 anos, ata 1945, para ser admitidas como membros de cheo na Royal Society de Londres.
Este caso non só aconteceu en Londres, non resto de Europa, tampouco as querían.

Novas especies coñecidas no ano 2010

Hoxe non atopei novas sobre Ciencia, deixovos un artigo moi documentado da BBC sobre novas especies do Reino animal coñecidas este ano e unha pequena descripición para cada unha: Premade aquí.


Persoalmente este foi o que máis me impresionou:




Ibycus rachealae é o seu nome científico e os machos desta babosa de cola larga producen uns dardos de calcio para inxectar hormonas nas femias.




Uxía Rodríguez Rodríguez.

Portas Invisibles!!

Primero foi a capa da invisibilidade de Harry Potter, logo fíxose realidade. Agora podemos atravesar portas invisibeis. Huanyang Chen e os seus compañeiros, da Universidad Soochow (Jiangsu, China) construíron unha porta invisibel mediante unha rede de dispositivos eléctricos que fan posible esta característica. Polo o momento o efecto só está probado con radioondas.

Algúns expertos din que parece un experimento interesante pero que pasaran moitos anos antes de logralo cos humanos.


Coral Real Llamas
1º Bach B

Un rato que trina como os paxaros

Un grupo de investigadores xaponeses creou un rato que trina como os paxaros debido ás modificación provocadas nel pola súa alteración no ADN. Foi creado por casualidade ao cruzar roedores transxénicos para provocarlles cambios fisiolóxicos.
Esta modificación do animal permitiralles investigar as orixes e o desenvolvemento da linguaxe en paxaros que entrelazan os sons e úsanos como palabras , pero en ratos, que son mamíferos e polo tanto máis parecidos ós seres humanos no seus cerebro e bioloxía.
O rato é o modelo animal máis empregado en investigación. Cada ano empréganse 30 millóns de exemplares en laboratorios de todo o mundo.
Uchimura (un dos investigadores) afirma que, unha vez lograda a variante, as súas capacidades vocales transmitiranse de xeración en xeración e ten a esperanza de poder crear nun futuro un rato Mickey.
Feito por: Lidia Blanco Otero 1º Bachiller A