jueves, 7 de febrero de 2013

Nove dos 10 anos máis calorosos da historia foron no século XXI


O Goddard Institute for Space Studies (GISS), organismo dependente da NASA que estuda o cambio climático, con sede en New York, confirmou que o ano 2012 é o noveno ano máis caloroso dende que se comezaron a tomar rexistros globais en 1880. Pero o apunte máis preocupante é que, agás o 1998, os nove anos máis cálidos do rexistro tiveron lugar no século XXI, sendo o 2010 o ano máis quente da historia, seguido de cerca por o 2005.
Despois de analizar a temperatura do 2012 e comparala coa media dos últimos 60 anos, advirten que a Terra está experimentando temperaturas cada vez máis altas, como se pode apreciar neste vídeo:


A temperatura media do 2012 foi de 14,6ºC, o que supera en 0,6ºC á que se viña rexistrando dende mediados do século XX. Dende 1880, a temperatura media no noso planeta elevouse 0,8ºC en conxunto. Segundo o informe, cada década é significativamente máis calorosa que a anterior dende mediados dos 70, e apuntan  que nos próximos dous ou tres anos ocorrerá un novo fenómeno El Niño, que probablemente fará que se supere o récord de temperatura global máxima do 2010.
Baseándose nos datos recompilados, conclúen que o planeta estase a quecer debido as enormes cantidades de dióxido de carbono que emitimos á atmosfera. A concentración de CO2 na atmosfera en 1880 era de 285 partes por millón; en 1960 subiu a 315 partes; e os análises actuais poñen de manifesto que a día de hoxe supéranse as 390 partes por millón.
Os científicos sinalan que aínda que as temperaturas sofren variacións dun ano a outro, o incremento continuado na emisión de gases de efecto invernadoiro provocarán que a media das temperaturas globais sigan subindo.

Penso que o planeta Terra está a quentarse e que todos “colaboramos” a elo, aínda que haxa teorías que o contradigan.
¿Cómo afectarán estas subidas de temperaturas a nosa vida?
¿Cumpriranse as teorías do desxeo e da extensión dos desertos?
¿Cómo afectará a estrutura poboacional?


FONTES DE INFORMACIÓN:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/16/natura/1358339688.html

http://www.abadiadigital.com/los-9-anos-mas-calurosos-desde-1880-se-han-dado-en-lo-que-llevamos-de-siglo-xxi/

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Un ecosistema nunha botella


David Latimer mercou unha gran botella de cristal en 1960 aproveitando que estaba de oferta,(xa que é unha botella de elevado prezo mesmo a día de hoxe), polo furor dos maceteiros de plástico.Nela botou unha planta da especie Tradescantia e regouna por última vez no ano 1972.Nese ano pechou a botella e a planta incriblemente sobreviviu non só conservándose en bo estado senón que non fixo máis que medrar xa que ela mesma convertiuse nun ecosistema que xenera todo o preciso para vivir ao recibir  luz solar que lle permite crear a fotosíntese,que á súa vez xenera osíxeno e humidade para darse as condicións da vida.As súas follas mortas aliméntana e as bacterias aceleran os procesos de descomposición e de osixenación.



Por qué medra a planta estando pechada na botella?

1- A botella crea un ecosistema completamente autosuficiente no cal as plantas poden sobrevivir usando a fotosíntese para reciclar substancias nutritivas.

2- A luz que brilla sobre as follas da planta é absorvida por proteínas que conteñen a clorofila,(un pigmento verde).

3- O xardín da botella é un entorno pechado,que quere dicir que o seu ciclo de auga é tamén un proceso autónomo.

4- A auga na botella sube polas raíces da planta,é liberada no aire durante a transpiración,condénsase na mezcla de abaixo que se dispara onde o ciclo comeza outra vez.   


5- Pero o ecosistema tamén usa a respiración celular para estropearse descompoñéndose o cobertizo material pola planta.Nesta parte do proceso,a bacteria dentro do chan do xardín da botella absorve o osíxeno supérfulo da planta e o dióxido de carbono da liberación que a planta crecente pode reutilizar.

6- De noite cando non hai ningunha luz do sol para levar a cabo a fotosíntesis,a planta usa a respiración celular para gardarse as sustancias nutritivas almacenadas durante o día.

Cómo facer un ecosistema nun bote na nosa casa:




Fontes de información:
http://www.dailymail.co.uk/sciencetech/article-2267504/The-sealed-bottle-garden-thriving-40-years-fresh-air-water.html#ixzz2JI5YT3n2
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/01/28/un-ecosistema-nunha-botella/


Pablo Estévez Feijóo 1ºA bahiller