martes, 19 de octubre de 2010

Para que evolucionan as manchas dos felinos?

As manchas e as raias da pelaxe dos felinos evolucionan con moita rapidez axudando a estes animais a camuflarse no seu habitát, segundo confirma un estudo da Universidade de Bristol (Reino Unido), que publica a revista “Proceedings Of The Royal Society B”.




Os investigadores examinaron as marcas dos costados de 35 especies de felinos salvaxes para comprender así a súa evolución. Os científicos rexistraron numerosas diferencias na apariencia visual según o lugar no que viven. Descubriron que os felinos que vivían en habitáts densos, nas árbores e se encontraban activos baixo condicións de luz reducidas, son máis propensos a ter manchas complexas ou irregulares. Isto significa que evolucionaron para mellorar a súa camuflaxe e a súa capacidade de cazar. Pero aínda quedan moitas incognitas por resolver, como por exemplo, por que os guepardos manteñen manchas a pesar de vivir en hábitats abertos?: por que algunhas especies de gato teñen pelaxes lisos a pesar da súa preferencia por ambientes máis cerrados?; por que as raias verticais non son máis comúns nos felinos e outros mamíferos?.
Máis información: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/20/ciencia/1287582055.html



Liliana Villar Whyte 1º Bach A

Todo por moda

Dez visóns dende o nacemento viven confinados e amontoados en pequenas gaiolas de 35 cm de ancho por 45 cm cun metro de profundidade. Aos sete meses, mátanos e arráncalles a pel que se usa para facer abrigo e accesorios de luxo.
A organización de defensa dos dereitos dos animais "igualdade animal" presentou unha enquisa o martes sobre este tema. Ademais ofrece imaxes sobre o abuso físico e psicolóxico o que son sometidos os visións de granxas que existen no noso país.
Das 38 granxas que operan en España o 80% están en Galiza.
Cerca de 400.000 visóns mortos cada ano para atender á demanda da industria da pel en España. Os peleteiros negan que haxa maltrato, pero a realidade é que os visóns teñen escasa asistencia veterinaria, viven amontoados en gaiolas, sofren estrés o que lle fai ter comportamentos neuróticos e estereotipados.

Para mais informacion:
Feito por Érika López Carballo

Aumentan os exemplares de atún vermello

Aínda non é fixo, e existen incentidumes, pero tras varios anos de colapso, as últimas noticias obtidas apuntan a un aumento de exemplares. Tal vez ainda non sexa demasiado tarde e se poda recuperar a especie.
Esta evolución positiva xa comezou a notarse en Baleares, unha das principais zonas de posta do atún vermello no Mediterráneo, pero ata que punto se pode confirmar que, efectivamente, se está a lograr inverter a tendencia? Tal vez este respiro sirva para que os científicos poidan estudar a fondo a especie e atopar as claves que acaben definitivamente coa ameaza da extinción.
En 2001,Francisco Alemany(investigador do Centro Oceanográfico de Baleares do Instituto Español de Oceanografía), comezou un proxecto que consistía en diversas pescas de plancton. Nesta operación capturaronse ovos e larvas das diferentes especies que desovaban na área, entre elas as de atún vermello. Analizáronse os seus contidos estomacais, o seu crecemento diario e outros factores para intentar modelar a relación entre o medio ambiente e a sua evolucion larvaria.
Baleares non é a única zona de desove, existen outras como a do sur de Italia (arredor de Sicilia), a turco-chipriota e a do golfo de Gabes (Túnez), e nestas últimas existen moitas dúbidas sobre o seu control.
Segundo Alemany, habería que levar a cabo campañas de investigación en toda a conca mediterránea, para sacar conclusións globais.




Ademáis conseguiuse postas de ovos en cautividade, ainda que é un tema moi complexo e require moita investigación.
Que nazan larvas nas costas de Murcia e Cataluña non quere dicir que sobrevivan igual que noutras zonas.
E segun Alemany todavía quedan moitas lagunas no coñecemento da especie, sobre todo na primeira fase de vida.


Como conclusión: Porque nun momento determinado haxa moitos individuos da mesma especie, non se pode abusar da súa pesca.

Para máis información:



Feito por: Ana Pérez Pérez, 1º Bacharelato A.

Unha estrela na etapa final da súa vida.


O telescopio Hubble (telescopio que orbita ao redor da Terra,estudado con anteriodidade en Ciencias para o Mundo Contemporánero) captou una fermosísima imaxe dunha estrela na última etapa da súa vida. Esta imaxe se atopou na nebulosa planetaria ‘NGC 6210’, situada a uns 6.500 anos luz, na constelación de Hércules. Nesta nebulosa atópase unha estrela, menos masiva do que é o noso Sol, na última etapa da súa vida.
Na imaxe captada polo Hubble amósase a parte interna da nebulosa planetaria con moito detalle. A estrela central, é unha pequena, pero moi quente estela tamén coñecida como ‘enana blanca’. Esta está rodeada por unha especie de brillante burbulla azul con unha estructura delicada e non moi ben definida. A burbulla asemella estar entrecruzada cun tipo de gas de cor vermello.


Feito por Andrea Gerpe Acosta 1ºBacharelato A

Ósmose

Despois de ver o vídeo, explica o que lle pasa ao ovo.




Editado por Carmen Cid Manzano

Mulleres astrónomas

Un dos obxectivos que nos fixamos, na materia Ciencias para o mundo contemporáneo no IES Otero Pedrayo de 1º bacharelato, é o de superar o escaso interese que sinten algúns estudantes cara a ciencia. Con esa intención deseñamos actividades como a que presentamos: mulleres na ciencia. Exemplos de tarefas realizadas: Henrietta Swann Levitt, Maria Mitchell, Antonia Maury, Hypatia de Alejandría, Williamina Paton Stevens Fleming, Maria Cunitz, Annie Yump Cannon


Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºBacharelato B

O quentamento global acortara a viaxe a Asia

Dende o seculo XV Europa intentou buscar unha ruta maritima que acorte a viaxe a Asia. Aínda que hai dous posibles pasaxes, (noreste y noroeste), ambos suporían adentrarse no oceano Glacial Ártico, onde as condicións meteorolóxicas e o xeo dificultan o paso durante varios momentos do ano. Grazas o quentamento global, que produce cada vez un maior desxeo na Antártida, estas dificultades poderan desaparecer.

Esto confirma que hai unha subida de temperatura que afecta a esta zona do planeta e que sucede a un ritmo elevado. E ainda que supoña unha mellor navegación, afectará ao clima do resto da Terra, ademais da vida animal, especialmente osos polares e focas que dependen dese xeo para vivir.




Feito por: Ana Pérez Pérez,1º Bacharelato A.



Contaminación lumínica.

Sempre se fala de contaminacón, se fai referíndose á ambiental máis sen especificar que tipo de contaminación. Unha das máis descoñecidas é a contaminación lumínica, causada pola emisión de luces artificiais.
O ceo sempre foi unha fonte de preguntas e respostas en todos os tempos e hai hipóteses que do estudo do no ceo naceron as ciencias. Máis hoxe en día parece que non o valoramos tanto como os seus antigos observadores; as últimas vistas dende o Image Science and Analysis Laboratory da NASA-Johnson Space Center danos unha prespectiva de que a ausencia do ceo estrelado é cada vez máis notable. Ofrécennos unhas fotografías da península Ibérica que revelan que Valencia é unha das cidades máis contaminadas de Europa, e esta cidade non é a única, ven seguida por Madrid, Sevilla, Granada etc...




Este problema non é ningunha tontería xa que significa un derroche de enerxía e cartos e molestias para os afeccionados ao ceo nocturno.
Este tipo de contamición ten solucións bastante máis doada que o resto, xa que é decisión de cada un apagar ou non as luces das nosas vivendas, usar na rúa farolas con menos intensidade, eliminar as mal orientadas...

Para máis información
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Contaminacion/luminica/plena/crisis/elpepusoccie/20101018elpepusoc_9/Tes
Conchi González suxírenos o seguinte enlace: mapa mundial de contaminación lumínica
http://www.ascensionrecta.com/Imagenes%20web/cl_mundo_colores_grande.gif


Uxía Rodríguez Rodríguez 1 Bach A

O cancro de mama tamén é cousa de homes!

Aínda que os síntomas, tratamentos e a evolucion da enfermidade son exactamente iguais as das mulleres, a maior parte dos varóns que padecen esta enfermidade descóbreno algo máis tarde, cando as células malignas xa se extenderon fora do tecido mamario. Os motivos son sinxelos, ningún home pensa que poida ter esta enfermidade, xa que tradicionalmente é atribuida exclusivamente ao sexo feminino, e moitos acuden o médico cando xa transcurriron varios meses dende a aparición dos primeiros síntomas.

Mulleres Astrónomas

One of the aims of the subject called “Science for the Contemporary World” in 1st Bachillerato at Otero Pedrayo High School is overcoming some students’ little interest in Science.
In order to do it, we need to change both our thematic and methodological approaches with regard to the traditional Science subjects.
So as to make this change possible, we have designed activities with certain specific characteristics that will help us achieve it.
In this case, we have chosen a controversial issue in history: Women and Science. We chose Webquests as a learning strategy and we published the tasks carried out by the students online in order to spread scientific culture among all the other students.

Que alguén se anime a traducilo a galego... o texto é obra de Marga (profe inglés).

Editado por Carmen Cid Manzano