domingo, 19 de febrero de 2012

como se forman as manchas nas peles dos animais?

O famoso descifrador de códigos e matemático Alan Turing suxerira a teoría ,na década de 1950, de que a repetición de patróns regulares nos sistemas biolóxicos son xerados por un par de morfóxenos que traballan xuntos.

Para probar esta teoría, os investigadores do 
King College de Londres estudaron o desenvolvemento das cristas regularmente espazadas que se encontran no ceo da boca en ratos. Levando a cabo os experimentos en embrións de ratos, o equipo identificou un par de morfóxenos que traballan xuntos para influír en que se forme cada arista. Os investigadores demostraron que cando a actividade destes morfóxenos aumenta ou diminúe, o patrón das cristas na boca se ven afectadas do xeito predito polas ecuacións de Turing.

O estudo, que se publica 
online na revista Nature Genetics, non só demostra un mecanismo que é moi relevante no desenvolvemento dos vertebrados, senón que tamén proporciona a confianza de que uns produtos químicos chamados morfóxenos, que controlan estes patróns, poida ser utilizado na medicina rexenerativa para diferenciar células madre nos tecidos.
Abraham Otero Fernandez 1ºD  Nº22