domingo, 15 de mayo de 2011

Un Paseo polos Arrecifes de Coral.

Debido ao meu nome creo que me tocaba a min facer isto.

Na clase de bioloxía estudamos os corais, así que fixen un pequeno vídeo sobre eles.

Espero que vos guste.





Coral Real Llamas.
1º Bacherelato B

A árbore de Newton tambaléase

A anécdota máis famosa da ciencia contemporánea conta que unha boa tarde estaba sentado Newton baixo unha árbore e unha mazá caeu golpeando a súa cabeza. Nos nola comeríamos ou soltaríamos un xuramento, pero el, mente inqueda, preguntouse que tipo de forza hací¬a caer os obxectos?, a Terra atraí¬aos corpos? GRAVIDADE.
A Royal Society de Londres publicou fai un ano na súa páxina web, o manuscrito da biografía de Newton: 'Recordos da vida de Newton' escrita polo científico e amigo William Stukeley. Na biografía, William cuestiona a autenticidade da historia da mazá.
Segundo el, a mazá non chegou a golpear ao físico, ao que chegou a cualificar de 'descoidado', pero si foi a responsable da súa inspiración.

A árbore de máis de 400 anos de vida recibe a visita de máis de 33.000 turistas cada ano. O mito, o manzano, Newton ou todos estes factores combinados xeran o interese de miles de curiosos que, progresivamente causaron a deterioración da árbore.
Os danos causados á árbore froiteira fixo que se instalase un valo cuxo obxectivo é evitar que os curiosos pisoteen ou escalen o manzano. O mal estado da cortiza impedía que os nutrientes e a auga alimentasen as raíces da árbore.
En 1820, unha tormenta estivo a piques de acabar coa árbore. Con todo, o manzano sobreviviu e se reconstruiu a partir das súas raíces. A súa fortaleza xunto coa súa importancia histórica explican que este símbolo sexa Patrimonio Nacional. As árbores requiren coidado, e máis aínda se constitúen parte do legado científico dun país e de toda a ciencia.

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/13/ciencia/1305280184.html
Feito por Yurema Seara Núñez 1ºB