martes, 29 de mayo de 2012

A lagoa de Antela

lunes, 28 de mayo de 2012

Medio ambiente por Noelia León

sábado, 26 de mayo de 2012

Hidróxeno como combustible

HIDRÓXENO COMO COMBUSTIBLE GRAZAS A LUZ SOLAR

Unha tecnoloxía inspirada na fotosístesis das plantas e levada a cabo por físicos da universidade Jaume I de Castellón, podería ser a nova fonte de enerxía non contaminante, inesgotable e sen risco do século XXI.



O grupo de investigadores, dirixido por Juan Bisquert, creu un dispositivo capaz de producir hidróxeno por si só empregando unicamente a luz solar. Isto é posible grazas a nanotecnoloxía ( tecnoloxía dos materiais cuxa  magnitud mídese en nanómetros e que se pode aplicar na física, química e na bioloxía) e aos materiais semiconductores cos que conta e que son os encargados de producir esta molécula ,H2, unha vez introducidos en auga (medio acuoso). 

A molécula de hidróxeno libera , ao queimarse, unha gran cantidade de enerxía producindo auga como único residuo e é de esta forma (como H2O) como se atopa o hidróxeno na Terra. 

Para romper a molécula de auga e separar o hidróxeno , este dispositivo realiza todas as reaccións químicas que interveñen no proceso empleando a luz solar e recibe o nome de folla artificial pola súa semellanza a cómo o fan as follas das plantas. Ao sumerxilo, ilúminase cunha potente luz e xenera burbullas de gas hidróxeno.

Polo momento, o rendimento deste dispositivo non é suficiente para comercializalo pero continúan a estudar para que a súa eficiencia consiga satisfacer a demanda enerxética de maneira sostible.

Noelia Rodríguez Rey, Nº 27, 1ºD

Un estudante español crea a cartografía luar máis precisa




O proxecto de fin de carreira, de Iñaki Ordóñez, deu orixe a un mapa topográfico dunha rexión da Lúa coa mellor resolución realizada ata a data.

O seu creador tivo que aplicar as técnicas de teledetección para a superficie terrestre sobre 160 imaxes tomadas pola multitude de satélites que orbitan arredor da Lúa.

A zona estudada na cartografía é a meseta de Aristarchus, de 10.000 quilómetros cadrados. É unha rexión con moita diversidade e riqueza xeolóxica, cun cono volcánico e dous cráteres de impacto chamados ‘Herodotu’ e ‘Aristarchus’ que posúen unha característica importante. Cando un meteorito cae no seu interior e se fonde, o magma cristaliza en materiais novos e diferentes ao arrefriarse. E é o realmente importante deste mapa lunar.

Os astrónomos poderían realizar unha lectura profunda sobre a orixe e a evolución da Lúa e os materiais da súa superficie con este mapa, ademais o seu detallado traballo sobre a orografía e a composición xeolóxica da Lúa o seu peso en ouro para as futuras misións espaciais tripuladas, que prevén establecer mesmo unha base científica permanente na súa superficie.


Abraham Otero Fernandez Nº22 1ºD

viernes, 25 de mayo de 2012

O primeiro avión soar da historia aterrou hoxe en Madrid.

O Soar Impulse realizou un voo de 26 horas unicamente alimentado pola enerxía do sol, despegou ás 8:20 de onte de Suíza, con dirección a Madrid, onde fixo escala antes de chegar a Rabat o seu destino final. O avión percorreu en total 2.500 quilómetros sen unha gota de carburante e cunha emisión cero de dióxido de carbono.
Madrid foi unha escala técnica e tras a súa aterraxe, prevista a partir das 00:00 horas do venres en Barajas (aeroporto de Madrid), a aeronave permanecerá en terra para ser sometida a diversas revisións técnicas.
Ten 12.000 placas fotovoltaicas que recobren sus inmesas ás, a envergadura é equivalente á dun Airbus A340 (63 metros), pero un peso (1600 quilos) equivalente ao dunha furgoneta grande e cunha cabina para o piloto na que apenas cabe unha persoa sentada.


En 2014 o avión solar dará a volta ao mundo.


Lucía Sánchez Corral nº30 1ºD

jueves, 24 de mayo de 2012

O risco dun accidente nuclear é maior do que se pensaba

Un accidente nuclear catastrófico como os de Fukushima ou Chernóbil pode producirse en calquera lugar do mundo unha vez cada 10 ou 20 anos, o que significa unha probabilidade 200 veces superior ás estimacións realizadas en Estados Unidos en 1990, según un estudio dirixido por Jos Lelieveld, director do Instituto Max Planck de Química (Alemania). Estos novos cálculos están feitos partindo do número de reactores nucleares para usos civís en operación (440), pero os científicos advirten que outros 60 están en construcción. Europa Occidental, onde a densidade de reactores é alta, pode sufrir cada 50 anos uns episodios de contaminación grave por cesio-137. Estos investigadores, á vista dos resultados que obtiveron, piden que se realicen análisis e evaluacións con profundidade dos riesgos asociados ás plantas nucleares. Os seus cálculos para determinar a probabilidade de fusión do núcleo dun reactor con emisión ó exterior no mundo —e recordan que, ata agora, rexistráronse catro: un en Chernóbil e tres en Fukushima— básanse no número total de horas de operación dos reactores nucleares existentes dende a súa posta en funcionamento. Unha fusión do núcleo afectaría a uns 28 millóns de persoas en Europa! Os resultados indican que, de media, soamente o 8% das partículas contaminadas se depositan no solo nunha área de 50 kilómetros alrededor do accidente nuclear, o 50% supera un radio de 1.000 kilómetros e, aproximadamente, un 25% chegará máis lonxe de 2.000 kilómetros. Ao combinar estos datos coa distribución xeográfica dos reactores en operación, os investigadores conclúen que se se producise a fusión dun reactor nuclear en Europa Occidental resultarían afectados uns 28 millóns de persoas por contaminación de máis de 40 kilobequerelios por metro cuadrado. No sur de Asia, debido á alta densidade de población, serían 34 millóns, e no este de Estados Unidos, entre 14 e 21 millóns. Enlaces: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/23/actualidad/1337798912_067447.html Lorena Rodríguez Castro Nº24, 1º Bach. D

Cambiemos o mundo

Traballo realizado por Lorena Rodríguez Castro

miércoles, 23 de mayo de 2012

Coida o planeta

Traballo realizado por: Cecilia Moreton Rodríguez y Ariana

martes, 22 de mayo de 2012

DIFERENZAS XENÉTICAS NOS CANS ACTUAIS.

Os cans foron os primeiros animais domesticados, sufriron moitos cruzes ao longo dos seus 15.000 anos de historia e iso fai que sexa moi difícil rastear as antigas raíces xenéticas dos animais domésticos de hoxe en día según un estudo dirixido pola Universidade de Durham no Reino Unido, no que participaron investigadores do CSIC e que foi publicado na "Proceedings of the National Academy of Sciences".

Estes científicos analizaron a composición xenética de 1.375 cans de 35 razas distintas, xunto co analise xenético dalgún lobo e observaron que estas razas teñen xenéticamente pouco en común cos seus antepasados.
Este estudio desvelou que hai unhas 14 razas, entre as que se atopan os Basenji, Saluki e Dingos, que teñen unha mellor herdanza xenética ancestral pero consideran que esto é debido a que permaneceron aislados xeográficamente durante un longo período de tempo e non formaron parte das iniciativas levadas a cabo polas Asociacións de Criadores, no século XIX, para crear a maioria das razas domésticas  que temos hoxe en día.
Esta diversidade xenética ten que ver tamén, cos movementos humanos. O can como animal de compañía só ten 2.000 anos de historia, anteriormente eran empregados para realizar traballos específicos.Tanto o aspecto, como o compartamento dos cans actuais é moi diferentes ao dos seus antepasados hai só uns poucos centos de anos.

María Cerreda Pereira nº8 1ºD

Fragas do Eume


Traballo realizado por Vera Pérez Rodriguez e Paula Trigás Vázquez

domingo, 20 de mayo de 2012

GRAN MOMENTO HOXE A NOITE
El cielo ofrece nas próximas horas un gran espectáculo, un eclipse anular: a Lúa non tapará completamente a estrela nesta ocasión, polo tanto, apreciaráse un aro de fogo ao redor da negra circunferencia de sombra. Non se verá o fenómeno dende España, de feito, será observable en vivo só dende o outro lado do mundo, entre China e a costa oeste de EE UU, pero en plena era de Internet nada impide seguir o espectáculo en directo.
O eclipse comezará no sur de China, hoxe as 22.56, hora peninsular, e a 1.54 do luns haberá alcanzado a máxima ocultación do Sol, cuxa esfera estará tapada nun 94%, destacando o borde incandescente. A duración máxima da anularidad será de cinco minutos e 46 segundos.
Un eclipse de Sol  producese cando a Lúa pasa entre a estrella e a Terra, ocultando a primeira total ou parcialmente. Si a traxectoria cruzase xusto porlo medio do Sol, a ocultación será total, excepto nalgunos casos, como esta noite, cundo a Lúa está no seu punto de máximo alejamiento do planeta (siguindo a súa órbita elíptica) e non alcanza a tapar de todo a esfera estelar.


La zona desde la que se podrá ver el eclipse de Sol (la franja negra central corresponde al fenómeno anular).


Jaime Cofán Rebollo Nº9 1ºBach.D
Fontes de información: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/18/actualidad/1337371235_227016.html

O deserto de Badain Jaran.

Este deserto chinés, situado nas provincias de Gansu, Ningxia e Mongolia Interior e é cruzado polo río Ruo Shui (“auga débil”), cobre un área de 49.000 km2 e ten as maiores dunas estacionarias da Terra, algunhas delas alcanzando os 500 metros de altura.
O curioso deste deserto é que, malia ser extremadamente seco e que chove 40mm ao año, ten aproximadamente 144 lagos permanentes cunha superficie total duns 4.000 km2, tanto de auga doce coma auga salgada (provenientes de montañas situadas a uns 350 km de distancia, os montes Qilian). A humidade creada no interior das dunas fai que se manteñan inmóbiles. Estes lagos dan o nome ao deserto, que en mongol significa “Lagos Misteriosos”.
Nalgunhas investigacións, arqueólogos chineses e alemán atoparon trazas de animais coma avestruces e restos de dinosauros, así como de actividade humana que se remonta a 3.000- 5.000 anos atrás.
Nas súas ladeiras e cristas prodúcese o fenómeno coñecido como “canto da arena”, un son que pode durar varios minutos e escoitarse a varios kilómetros de distancia, causado polo roce que se xera entre as capas de grans de area en movemento e as capas inferiores de area estática.
 Vera Pérez Rodríguez Nº18 1º Bach. E

sábado, 19 de mayo de 2012

Medioambiente elabora unha nova estratexia.

Onte, Venres 18 de Maio, celebrouse o día mundial do Reciclaxe. Por este motivo, a directora xeral de Calidade e Evaluación Ambiental e Medio Natural, Guillermina Yaguas, anunciou a aplicación dunha estratexia que permitirá a España avanzar cara a denominada " sociedade do reciclaxe ". Neste sentido ha recordado que a xestión de residuos en España cambiou significativamente nos últimos anos e que esto favoreceu ao establecemento de obxectivos concretos en materia de prevención, reciclaxe e valorización de residuos; xunto coa implantación da recoxida separada de residuos. Aínda así, tanto España como o resto de Europa, teñen por delante un novo reto para os próximos anos: a desvinculación do crecemento económico no incremento na xeneración de residuos. Tamén plateou a necesidade de avanzar cara un modelo de crecemento sostible que reduza o consumo de recursos e aproveite de forma eficiente os xa existentes. Para conseguilo afirmou que deberase facer un notable esforzo que tamén pasará por incrementar e impulsar as recollidas separadas de residuos, incluídos os bioresiduos. 


Fonte de documentación: http://www.ecoticias.com/residuos-reciclaje/65776/Medio-Ambiente-elabora-Estrategia-prioritaria-Prevencion-Reciclado-

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1º D

viernes, 18 de mayo de 2012

A Nasa calcula que hai uns 4.700 asteroides perigosos para a Terra


A NASA calcula que hai uns 4.700 asteroides que son peligrosos para a terra, segun os datos da sonda WISE, que analiza o cosmo na luz infravermella
Segun informa a axencia estadounidense, as observacions de WISE, permitiron a mellor evaluacion da poblacion dos asteroides potencialmente perigosos do noso sistema solar, que son un subconxunto do grupo mais dos asteroides cercanos á Terra. Estes asteroides teñen orbitas cercanas á Terra e son suficientemente grandes como para resistir o paso da atmosfera terrestre e causar danos se caeran á Terra
Os novos resultados foron recollidos polo proyecto NEOWISE, que estudou a luz infravermella unha porción de 107 asteroides potencialmente perigosos cercanos á Terra coa sonda WISE, para facer prediccións sobre toda a población no seu conxunto
Jennifer Armada Ferreiro, nº3 1.BACH D
Fonte da información: http://www.elmundo.es/elmundo/2012/05/17/ciencia/1337244000.html 



martes, 8 de mayo de 2012

Unha nova oleada de llamaradas solares pode golpear a terra

Unha serie de manchas, as máis grandes que apareceron en anos, foron detectadas no sol durante a fin de semana. http://www.abc.es/videos-ciencia/20120508/active-sunspot-1476-rotates-1627089549001.html Polo menos catro delas teñen un diámetro maior que o do noso planeta é o potencial de xerar llamaradas intensas de raios X, a maior que é capaz de producir o Sol. Os expertos alertan dos riscos e recomendan que se tomen precaucións. Chamado AR1476, o escuro grupo de manchas mide máis de 100.000 km dun ao outro extremo. As manchas enormes apareceron debido á rotación solar na cara visible do Sol durante o pasado fin de semana e nos próximos días esa mesma rotación colocaranas xusto en dirección á terra. A rexión máis activa do AR1476, xerou varias llamaradas de ClaseM, a segundas máis potentes. Seguindo a súa intensidade ( que depende do fluxo de raios X, medido en vatios por medio cadrado) as llamaradas solares poden ser de categoría A, B, C, M e X. Cada clase divídese en números do 1 ao 9, é dez veces máis poderoso que o anterior. Expertos da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA) de Estados Unidos cre que hai unha oportunidade de 75% de probabilidades de que as manchas xeren máis llamaradas da ClaseM durante as próximas 24 horas. E un 10% de llamaradas de tipo X. Ardentes nubes de plasma: As erupcións solares causaron a explosión dunha gran cantidade de material solar ao espazo. O fenómeno, coñecido como Eyección de Masa Coronal (CME) é capaz de proxectar fóra do Sol unha cantidade enorme de materia e radiación a un ritmo de miles de km por hora. Cando as erupcións solares apuntan cara a terra, estas nubes de plasma quente poden alcanzar a Terra e danar satélites de comunicacións e sistemas eléctricos. Antela Santos Rodríguez nº31 1ºBach.D Fontes de información: http://www.abc.es/20120508/ciencia/abci-nueva-oleada-llamaradas-solares-201205081124.html

domingo, 6 de mayo de 2012

Estrelas á deriva destrúen planetas

Astrónomos observan a destrución de mundos rocosos polas súas estrelas, o mesmo proceso apocalíptico que pode sufrir o noso dentro de miles de millóns de anos. A pérdida de masa da estrela moribunda fai que os planetas cambien de ubicación e choquen entre eles. Os astrofísicos da Universidade de Warwick identificaron catro ananas brancas, estrelas como o noso Sol en fase final das súas vidas, cercadas pola pó de planetas que unha vez albergaron similitudes coa composición da Terra. A escena describe, en realidade os restos mortais tras a destrución masiva, un apocalipse cósmico. As estrelas terminaron de comer os seus mundos próximos, corpos rochosos cos mesmos elementos. Unha delas foi captada polos científicos en pleno crime. A investigación, que aparece publicada na revista Monthly Notices de la Royal Astronomical Society, supón unha aterradora descrición do que dentro de miles de millóns de anos ocorrerá no noso propio Sistema Solar. Usando o Telescopio Espacial Hubble, os investigadores atoparon catro ananas brancas, material de núcleo residual tras as estrelas que esgotan o combustible dispoñible para as súas reaccións nucleares. As estrelas moribundas foron cercadas polo pó no cal detectouse osíxeno, magnesio, ferro e silicio, os catro elementos que compoñen aproximadamente o 93% da Terra. Tamén contiña unha porcentaxe moi baixa de carbono, case como a Terra e outros planetas rochosos que orbitan arredor do noso Sol. Segundo os científicos, isto non é só unha evidencia clara de que esas estrelas foran unha vez máis, polo menos, un exoplaneta rochoso agora destruído, pero as observacións tamén apuntan á última fase da morte deses mundos. A atmosfera de unha anana branca formada por hidróxeno e helio (moitas veces só un dos dous), de xeito que os elementos pesados ​​que entran na atmosfera é arrastrado cara o núcleo e fóra da vista en cuestión de días pola alta gravidade da estrela. A fase final da morte dun planeta é a choiva de material na estrela a velocidades de ata 1 millón de libras por segundo. Unha das estrelas,a PG0843 516, destacouse do resto por mor da abundancia relativa dos elementos ferro, níquel e xofre no pó que hai na atmosfera. Ferro e níquel atópanse nos núcleos dos planetas terrestres, xa que descenden cara o centro de gravidade, xa que durante a formación do planeta, entre outros motivos. Polo tanto, os investigadores cren observar a estrela branca PG0843 516 no acto de tragar o material do núcleo dun planeta rochoso que houbo diferenza moi grande entre un núcleo e un manto, semellante ao proceso que ocorre na Terra. O director do estudo, Boris Gänsicke, Departamento de Física da Universidade de Warwick, cre que este proceso de destrución probablemente terá lugar nalgún momento do noso propio Sistema Solar. O SOL VAI A TRAGAR MERCURIO E VENUS: O sol vai tragar o interior dos planetas Mercurio e Venus. Non está claro se a Terra tamén será engulida polo Sol na súa fase de xigante vermella, pero aínda se sobrevive, a súa superficie será queimada. Durante a transformación do Sol nunha anana branca, vai perder unha grande cantidade de masa e todos os planetas van moverse máis lonxe. "Isto pode desestabilizar as órbitas e provocar colisións entre corpos planetarios, como os primeiros días do noso Sistema Solar." Esta danza imparable pode incluso destruír planetas terrestres enteiros, formando un gran número de asteroides, algúns dos cales teñen composicións químicas semellantes ás do núcleo planetario. No noso sistema solar producirase unha destrución masiva onde quizáis só Xúpiter, sobreviva. Antela Santos Rodríguez nº31 1ºBach.D Fontes de información: ABC.es

martes, 1 de mayo de 2012

Campus científicos de verán

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", pon en marcha a 3ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixidos a 1.800 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Durante sete días os participantes en CCV 2012 estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidade e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de lecer científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia?) e deportivas. A presentación de solicitudes permanecerá aberta ata as 14:00 horas (horario peninsular) do día 16 de maio de 2012. Na seguinte páxina web http://www.campuscientificos.es/ poderán atopar máis información con todos os detalles do programa. En caso de dúbida, contactar con informacion@campuscientificos.es