sábado, 12 de febrero de 2011

Células Solares coa Capacidade de Autorrexeneración de Estructuras Fotosintéticas Vexetais

Estáse a traballar na creación dun novo tipo de célula solar deseñada para autorrexenerarse como os sistemas fotosintéticos naturais nos vexetais. Nas células solares, esta capacidade de autorrexeneración conseguiráse usando nanotubos de carbono e ADN. Con esta capacidade, incrementarase de modo notable a vida útil das células solares e abarátaranse os custos.


O deseño creado polo equipo de Jong Hyun Choi (da Universidade Purdue) explora as raras propiedades eléctricas das estruturas coñecidas como nanotubos de carbono de parede única, usándoos como cables moleculares nas novas células solares.




Choi e os seus colaboradores pensan que o uso industrial da súa tecnoloxía é viable, pero aínda haberá que esperar algún tempo para pasar a esa fase, dado que aínda están na etapa da investigación básica.


As células fotoelectroquímicas converten a luz do Sol en electricidade e usan un electrolito (un líquido que conduce electricidade) para transportar os electróns e crear a corrente eléctrica. As células conteñen as tinguiduras absorbentes de luz chamados cromóforos, moléculas semellantes á clorofila que, por desgraza, degrádanse debido á exposición á luz solar. A desvantaxe crítica das células fotoelectroquímicas convencionais é esta degradación.

A nova tecnoloxía supera este problema tal como faio a natureza: substituíndo continuamente as provisións danadas de tinguiduras fotosensibles con subministracións novas.

Esta clase de autorrexeneración prodúcese nos vexetais de maneira constante.

O novo concepto podería facer posible unha clase innovadora de célula fotoelectroquímica que, coa debida subministración de cromóforos frescos, continúe operando a plena capacidade indefinidamente.

Os nanotubos de carbono actúan como unha plataforma para fixar hebras de ADN. Este ADN está manipulado xeneticamente para que posúa secuencias específicas de "bloques de construción" coñecidos como nucleótidos, que permiten "recoñecer" aos cromóforos.

Cando o ADN recoñece ás moléculas da tinguidura, o sistema se autoensambla do modo correcto e espontaneamente.

por: antia arias garcia 1ºB

Robert Koch



Traballo realizado por Leticia Cuquejo González E Aitor López Domínguez

Vitaminas



Traballo realizado por Iván Gallego Gómez e Iris Fernández Molina

Cancións da PCR

A reacción en cadea da polimerasa, coñecida como PCR polas súas siglas en inglés (Polymerase Chain Reaction), é unha técnica de bioloxía molecular desenvolvida en 1986 por Kary Mullis, cuxo obxectivo é obter un gran número de copias dun fragmento de ADN. A PCR é unha técnica moi frecuente en laboratorios de investigación biolóxica e cunha enorme variedade de aplicacións, entre elas: a clonación de ADN para a secuenciación, o diagnóstico de trastornos hereditarios, a identificación de pegadas xenéticas (usadas en técnicas forenses e test de paternidade), etc. Inicialmente a técnica era lenta, hoxe, todo o proceso da PCR está automatizado mediante un aparato chamado termociclador.


Déixovos a canción da PCR, composta pola compañía Bio-RAD para anunciar un dos seus termocicladores. Esta canción está interpretada polo grupo "Scientist for Better PCR". No mundo da ciencia tamén hai frikis... ata hai un que se parece a Stevie Wonder.


Se criades que virades todo, déixovos o seguinte vídeo:










Despois do seguinte video espero o voso...


Editado por: Carmen Cid Manzano