martes, 4 de marzo de 2014

OS NEANDERTAIS FALABAN

A nosa especie,Homo sapiens, pode falar, ten a facultade da linguaxe que nos distingue dos animais. Sen embargo, pode que ao longo da historia outras especies poideran ter desarrollada esta facultade.

No ano 1989 encontrouse en Israel un óso hioides(óso que se encontra na rexión da garganta, debaixo da barbilla) de un neandertal de 60000 anos.Resultou,que a forma do óso parecia moi distinta da dos chimpancés e bonovos, pero casi idéntica a nosa.Este descubrimento foi sorprendente xa que quería dicir que o seu tracto vocal utilizábase da mesma forma que o noso, co que había moitas posibilidades de que os neandertais emitisen a voz. Pero había moitos científicos en desacordo con isto que argumentaban que o óso era unha proba insuficiente para demostrar dita fala.

Gracias a tecnoloxía moderna científicos da Universidad de Nueva Inglaterra(UNE) deron un paso a favor nesta teoría. Analizando o comportamento do óso con imaxes de microrayos X construíron modelos internos do óso, grazas aos cales se comparou o seu comportamento mecánico co do noso e se comprobou que eran practicamente iguais.Isto dá máis forza a teoría de que a linguaxe é moito máis antiga do que se creía. Ademáis hai envestigadores do Instituto de Psicolingüística de Max Planck que creen que a fala moderna xa comezara antes, co antepasado que algúns científicos creen que compartimos nos cos neandartais, o homo heidlebergensis.
 
Quizais no futuro se den novas probas para confirmar esta revolucionaria teoría e que nos mostren que os neandertais antepasados eran moito máis intelixente do que creíamos.




 Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140304/abci-lenguaje-hablaban-neandertales-201403041151.html

                                                        Víctor Carrera Quintana 1ªBach A