sábado, 5 de marzo de 2011

José Tubio, un gran científico, acórdase de nos

Como xa puidestes ver o día da ciencia en galego faleivos dun gran científico, Jose Tubío, e tamén compartin con vos o correo que me mandou.
Hoxe recibín outro correo onde me mandou dúas noticia relacionadas co seu traballo, aquí tendes a primeira.
José Tubio pertence ao departamento de hematoloxía do Complexo Universitario de Santiago (CHUS) e agora está no Centro de Regulación Xenómica de Barcelona realizando unha estancia de dous anos traballando sobre o cancro. Nunha recente publicación explica o proceso da cromotripse que consiste na ruptura do ADN en pequenos anacos que, cando a célula se intenta reparar, o fai incorrectamente xerando mutacións xenéticas que inician o cancro. A cromotripse non é un fenómeno gradual, senón puntual, xa que un único evento catastrófico sería o responsable de que nun único momento na vida da célula se produzan centos de mutacións no ADN que causan o cancro”. Segundo isto rómpese coa visión convencional da orixe do cancro que se entendía como o resultado da acumulación dunha mutación ao longo da vida. Segundo estos autores a cromotripse é un fenómeno xenético é responsable do 2-3% dos casos de cancro, e que se eleva ao 25 por cento nos tumores de ósos.

Jose Tubío e Xavier Estivill publicaron na revista Nature unha hipótese na que pensan que detrás de cromotripse encóntrase un hespevirus.

Lorena Yáñez López 1º A