domingo, 15 de junio de 2014

Dinosaurios, nin frío nin calor


Unha das grandes preguntas que expertos en dinosaurios se plantearon durante moito tempo ten que ver co seu metabolismo. Durante máis de 50 anos os científicos intentaron saber se se trataba de animais de sangue fría ou quente. Unha pregunta que para os ignorantes pode non ter demasiada importancia, pero cuxa resposta podería servir, para saber se eran máis parecidos ás actuais lagartixas ou ós elefantes.
Medir a temperatura corporal dos dinosaurios demostraría se se movían de forma lenta e pesada como os reptís, ou rápida e áxil como as aves. Esto depende en gran medida de se foron animais de sangue fría ou quente, e é o que analiza o artigo publicado polo equipo de John M. Grady, da Universidade de Novo México, no último número da revista Science.
A súa conclusión é que estaban a medio camiño entre os ectotermos e os endotermos. Trataríase polo tanto dun grupo de animais denominados mesotermos (entre uns 15 e 20 grados centígrados de temperatura) entre os que se encontran algunhas tartarugas, tiburóns e os atúns.
Neste estudio John M. Grady presenta un novo método para analizar o metabolismo de taxóns extintos, baseándose non só na tasa de crecemento, como os aneis de crecemento anuais en fósiles, senón que tamén teñen en conta as tasas metabólicas, baseándose en patróns de crecemento ontoxenético, é dicir, os cambios no tamaño corporal conforme un animal crece desde que nace e ata que é adulto.
Para analizar estas relacións entre o crecemento e a tasa metabólica nos dinosaurios, os investigadores usaron unha serie de datos comparativos, abarcando un amplio espectro de máis de 400 vertebrados tanto extintos como existentes na actualidade. A súa conclusión final foi que o metabolismo dos dinosaurios está a medio camiño entre a ectotermia e endotermia, ou o que é o mesmo, estaría entre os animais de sangue fría e os de sangue quente, máis cercanos ós mesotérmicos como o atún, os tiburóns lámnidos ou a tartaruga laúd.
No estudo chegase á conclusión de que a diferenza dos animais endotermos, que manteñen una temperatura media de 37 grados no caso dos mamíferos e de uns 39 no caso das aves, os dinosaurios tiñan una temperatura corporal lixeiramente superior á temperatura ambiente, pero non tan alta como os endodermos. En determinadas ocasións dependerían do calor metabólico xerado internamente para mantener a súa temperatura corporal, pero noutras dependerían da temperatura ambiente para manter a súa calor corporal.
O traballo publicado en Science podería axudar a outros científicos a entender mellor como eran os ecosistemas do Mesozoico e estimar como era a tasa metabólica doutros animais deste período cuxas características metabólicas seguen sen estar claras.


                                                                                           David Serantes                                                                                                          1 Bac D