sábado, 26 de octubre de 2013

Atópase a galaxia máis afastada da Terra

Foi descuberta a galaxia máis afastada detectada ata agora, a z8-GND-5296, a 13.00 millóns de anos. Steve Finkelstein,da universidade de Texas, explica como él e o resto do grupo fixeron unha lista das posibles 43 galaxias máis afastadas e mediante unhas novedosas técnicas de espectometría, (no telescopio Kech, Hawai) puideron saber a idade da máis distante, mediante o corremento ao vermello de 7.51, o corremento será maior canto máis afastada esté a galaxia. Só outras cinco galaxias teñen un corremento superior ao 5%, o récord ata agora situábase en 7.215. Así que, si a suposta idade do universo é de 13800 millones de anos, ésta galaxia emitiuse cando o cosmos era o 5% do acutal. Engadindo a esto que crea unhas 300 estrelas por ano, iso é moitísimo comparándoa coa Vía Láctea que crea 1 ou 2 estrelas como o Sol por ano. Por este motivo isto é un descubrimento moi importante, xa que como dí  Dominick A. Riechers,  da universidade de Cornell,  para entender mellor a historia do universo é fundamental buscar obxectos moito máis alá da Terra.






Clara Ocaña Romero       1º BACH D

Día mundial do cancro de mama

19 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA

   O cancro de mama é o tipo de carcinoma máis común nas mulleres. Representa o 16% dos tumores femininos,  e afecta tamén o 1% dos homes.
En noso país diagnostícanse cada ano 15.000 novos casos en mulleres de entre 45 e 55 anos. É o tumor que representa a maior mortandade en mulleres afectadas de cancro. Tamén é uns dos tipos de cancro máis frecuentes nas mulleres dos países desenvolvidos. Ainda que nos últimos anos observouse una lixeira diminución, a súa incidencia segue a ser elevada debido a certos estilos de vida como o sedentarismo, a dieta pouco saudable,  a obesidade na menopusia, etc.
Sen embargo, podemos dicir que a supervivencia das mulleres afectadas mellorou nos últimos anos, destacando a importancia do diagnóstico precoz e das campañas sanitarias de control e mamografías entre a poboación en idade de risco.

                                      

  Para celebrar o dia mundial do cancro de mama, destacamos una noticia que abre un pouco máis de esperanza a curación e prevención deste tipo de carcinoma:
Un grupo de investigadores do  “Centro de investigación do cancro” (CIC), dirixidos por Xosé R. Bustelo, descubriron 6 proteínas que actúan para favorecer o crecemento do tumor primario e a súa metástase hacia o pulmón. Según este equipo de investigadores, a eliminación destas proteínas pode supoñer unha potencial terapia fronte a enfermidade e ademais podería utilizarse como una firma xenética para o seu diagnóstico.
                E relevante o papel das proteínas Vav3 e Vav2, que en modelos animais, comprobouse que non só actúan coordinadamente no desenvolvemento do tumor senon que son críticas para a aparición da metástase; hai outras 4 proteínas adicionais que o inhibirse diminúen o crecemento  do tumor primario e poden eliminar por completa a metástase.
Polo momento, a experimentación realizouse en animais e a súa aplicación nos seres humanos e reducida a un prazo curto; está condicionada o desenrolo de fármacos que non produzan efectos colaterais tóxicos nos pacientes.

                Para o grupo de traballo de Bustelo, estes resultados supusiron una serie de hitos na investigación deste tipo de cancro.

-          - Consideras que a dedicación dun día internacional o cancro de mama favorece e impulsa a investigación?.

-         -As mulleres conciénciase da importancia da deteción precoz como medida de prevención?.



                                                                                                         Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A


domingo, 20 de octubre de 2013

Un cráneo de 1,8 millones de años reabre o debate sobre as especies de homínidos.

 Trátase dun cráneo e unha mandíbula en excelente estado de conservación que foron desenterrados no rico depósito de Dmanisi, en Xeorxia.
O descubrimento deste fósil (chamado D4500 ou cranio 5) reabriu o vello debate sobre a clasificación do xénero Homo, ao cal pertencemos.




Ata agora, os restos de homínidos más antigos fora de África encontráronse en Indonesia (1,7 millóns de anos), mentres que en Europa os primeiros restos de homínidos están no Sima del Elefante en Atapuerca e teñen 1,3 millóns anos.
Os paleontólogos que asinaron este estudo fixeron unha proposta provocadora : que os primeiros fósiles de Homo (aqueles que foron tradicionalmente clasificados como Homo habilis , Homo rudolfensis 'ou' Homo erectus ') pasen a ser considerados membros dunha única especie . A pesar de recoñecer que teñen características físicas distintas, cren que a variación non é tan pronunciada como para considerar que pertencen a distintas historias.
É dicir, propón incluír na definición de " fósiles de Homo erectus atopados en África 2,4 millóns anos, así como en Asia e Europa hace posteriormente desenterrado entre 1,7 e 1,2 millóns de anos.

¿CREDES QUE A OS NOSOS ANTECESORES DEBEN SER CONSIDERADOS DUNHA MESMA ESPECIE?

Todos os detalles desta investigación foron publicados na revista 'Science'.

Fuentes: http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/17/ciencia/1382029806.html     
                                                      
Oswaldo Zorrilla García 1*A 


sábado, 19 de octubre de 2013

O GD61 AMÓSANOS PISTAS SOBRE A POSIBLE FORMACIÓN DE EXOPLANETAS HABITABLES

Os restos dun corpo rochoso con auga ó redor dunha enana branca foi atopado fóra do noso Sistema Solar por un equipo de astrofísicos europeos.




Coa axuda dos telescopios espaciais “Hubble” e “Keck” (Hawái), e dos científicos británicos e alemáns puideron analizar os compoñentes que rodean a enana branca (remanente estelar localizado a 170 anos luz) que se chama GD61.


Estes compoñentes son rochosos: ferro, silicio, magnesio e aluminio; máis exceso de osíxeno (esta información foi publicada en Science). Isto quere dicir que ese material perteneceu a un corpo máis grande composto por unha porcentaxe de auga parecida a algún asteroides do cinturón do noso Sistema Solar, en concreto o 26 %.



Esta composición ofrece pistas sobre a formación e evolución de exoplanetas nos que se atopa a vida xa que é a primeira vez que descobren auga en corpos rochosos fóra de Sistema (este elemento xa se atisbara na atmosfera de xigantes planetas gaseosos).



Como conclusións obtiveron que  mesmo podería haber pasado no noso Sistema xa que ese asteroide con auga sería un bloque de construcción para a formación de exoplanetas habitables. Eses bloques están ao redor do GD61 e ao redor de estrelas nai por todo o Universo. Outro resultado é que a auga pode sobrevivir a unhas temperaturas altas pola evolución de estrelas cara as enanas brancas. Polo que puido haber existido planetas con vida nun pasado onde se atopaba o GD61.





A cuestión é: haberá zonas fóra do noso sistema onde haxa mellor condicións habitables para a superviviencia de seres vivos, ou quizais...esas condicións as houbo nun pasado onde si puido existir a vida?



















FONTES: 

Aquí tedes un enlace para ver esta noticia escrita no idioma universal da ciencia, o inglés:

jueves, 17 de octubre de 2013

Terá cura o Alzheimer?

Un grupo de científicos da Unidade de Toxicoloxía do Consello de Investigación Médica da Universidade de Leicester descobre un químico capaz de frear a morte por enfermidades priónicas (aparecen sen causa e hoxe non teñen explicación científica, como o insomnio ou a demencia progresiva) das células.







O estudo, publicado na revista Science revelou que ratos con enfermidades priónicas desenvolveron duros problemas de memoria e de movemento, morrendo nun período de doce semanas, mentres que ratos aos que se lles inxectou este fármaco no estómago activou un mecanismo celular que previña que as neuronas morresen. Cinco semanas despois de comezar co tratamento, gran parte dos ratos non presentaban os síntomas habituais, como a perda de memoria ou a alteración dos reflexos e volvían ao estado previo da enfermidade.

É a primeira vez que frean completamente un tipo de neurodexeneración en seres vivos, e demostra a posibilidade de desenvolver un novo medicamento para protexer ao cerebro da enfermidade neurodexenerativa e parar a morte celular.

Os científicos valoraron o descubrimento como un "punto de inflexión" na loita contra o alzhéimer e consideran que un fármaco podería estar dispoñible en menos de dez anos.





                                                         
                                                                                                    Antía Rodríguez Constela 1ºBach A


Nova terapia combinada que mellora a supervivencia do peor cancro de páncreas.


Un ensaio clínico internacional mostra a eficacia dun novo fármaco para os tumores máis avanzados. Trátase do avance máis esperanzador dos últimos 20 anos.

Tras moitos anos de estudos infrutuosos para mellorar o tratamento do cancro de páncreas, unha nova combinación de dous fármacos ( nab-paclitaxel e gemcitabina ) diminúe nun 30% a mortalidade en pacientes con metástase, aumentando a esperanza de vida entre 2 e 3 meses. A vida media nestes casos situábase en torno aos cinco meses.
Este traballo foi elaborado en colaboración con 161 centros hospitalarios internacionais (oito españois), nun total de 861 pacientes con estado avanzado 4 de cancro de páncreas e co apoio da farmacéutica Celgene, que ten rexistrado o fármaco, chamado comercialmente paclitaxel.


Anualmente diagnostícanse 5.000 casos en España dos que 4.900 terminan en falecemento. O importante é que con este tratamento algúns pacientes van vivir máis pero aínda non se identificou o por qué. A xuízo dos expertos, esta investigación é un gran paso cara a adiante que vai a permitir seguir mellorando o desenvolvemento de tratamentos.

En canto á aplicación en casos de cancro de páncreas nunha fase menos avanzada da enfermidade espérase que o tratamento mellorase o estado dos pacientes. Aínda hai que demostralo e para obter resultados pasarán outros dous ou tres anos.
Este estudo abre as portas tanto para deseñar estudos noutras fases da enfermidade, como para analizar biomarcadores que nos axuden a seleccionar mellor ós pacientes, e para avaliar novas moléculas e combinacións de fármacos.



martes, 15 de octubre de 2013

Premio Nobel de Física para Englert e Higgs

Chega a confirmación dunha noticia esperada. A Academia Sueca de Ciencias concédelle a François Englert e a Peter Higgs o Premio Nobel de física, polas súas investigacións teóricas sobre a orixe da masa, as cales se poderían confirmar finalmente o 2012 no CERN, utilizando o gran acelerador de partículas (LHC) alí situado.

Englert e Higgs nunha conferencia no CERN

A partícula sobre a que eles teorizaron leva o nome de Bosón de Higgs. Para entender a magnitude deste premio hai que comprender que é e para que serve este bosón. Pódese facer unha comparación moi sinxela: Imaxina un océano, cheo de auga. Cada partícula adquiriría masa polo rozamento ca auga, as mais lixeiras serían coma pequenos peixes deslizandose e as máis pesadas coma baleas tendo que soportar máis resistencia. É dicir, o bosón de higgs é cada molécula (Neste caso cada gota de auga que forma o océano) que forma o campo de Higgs (Que sería o propio océano), que está distribuido ó longo de todo o universo e que explicaría o motivo polo cal a materia posúe masa. A interacción das partículas subatómicas con este campo sería a responsable da masa en calquera corpo (Tamén explica porque o protón ten máis masa ca un electrón, posto que o protón ten máis tamaño e polo tanto ten un maior roce co campo).

A pregunta agora pode ser: E por que reciben agora o premio e non fai 50 anos cando teorizaron sobre el? Cómpre recordar o método científico (Observación, preguntar, facer unha hipótese, experimentar, e contrastar ese experimento con outros). O problema é que cando esta teoría foi proposta no 1964, ninguén observara un bosón de Higgs. Foi no 2012 cando por fin se comprobou experimentalmente no CERN (Por medio de dous proxectos diferentes) a autenticidade do bosón.

Existe, sen embargo, certa controversia polo premio. Ninguén dubida que tanto Englert como Higgs son dignos merecedores do galardón. Sen embargo, tamén tiveron a un terceiro axudante xa difunto, Robert Brout, o cal non recibiu o premio. Tampouco foron galardonados os máis de 7000 científicos do CERN que conseguiron comprobar experimentalmente a súa existencia. Deben entregar a título póstumo o premio Nobel?  Ou tal vez deberían cambiar as normas para que se poda premiar a un grupo de científicos e non só a 3 persoas individuais? (Debemos recordar que unha base da ciencia é o traballo en equipo).

Fonteshttp://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/08/actualidad/1381218475_592030.html
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Higgs-y-Englert-Nobel-de-Fisica-2013-por-su-descubrimiento-teorico-del-boson

David BL. 1º Bach A.

sábado, 5 de octubre de 2013

Encontran auga en Marte grazas ao Curiosity

Na primeira mostra de terra da superficie de Marte que analizou o Curiosity achouse gran cantidade de auga. Cerca dun 2% da superficie está composta por ela. A pesar de que o solo conteña auga aínda non se atoparon restos de vida no noso planeta veciño.
Este achado podería resultarlle moi útil a futuros exploradores humanos xa que con quentar un pouco o solo conseguirían auga.
O robot da Nasa chamado Curiosity, llegou a Marte o 6 de agosto de 2012 con dous obxectivos: analizar a xeoloxía marciana e axudar a entender se albergou vida algunha vez ou incluso se a hai agora.
Para intentar buscar vida os científicos creen que deberían perforar rochas e buscar lugares onde poidan preservarse xa que a superficie exposta á dura radiación e á oxidiación é moi dura para poder darse vida nela.
O científico Leshin comenta acerca de este descubrimento: “Esto é só o comenzo da historia, pero o que aprendimos é substancial”.
Este achado aparecerá publicado con todo detalle en breves na prestixiosa revista Science. 


El Curiosity halla agua abundante en la superficie de Marte

 O Curiosity, xunto ás sinais das mostras tomadas da superficie de Marte


Fátima Rodríguez Delgado, 1ºBach D