sábado, 10 de diciembre de 2011

Buscan vida intelixente en "Kepler-22b"


O Allen Telescope Array, a rede de telescopios do Instituto SETI en California para a búsqueda de sinais de intelixencia extraterrestre, reactivou os seus sistemas despois de varios meses de parón cun novo obxectivo: Trátase dos candidatos a exoplanetas recentemente descubertos polo telescopio espacial Kepler da NASA, entre os que se encontra o Kepler-22b, que se atopa a 600 anos luz da Terra. Este mundo parece cumplir as condicións para poder ter auga en estado líquido na súa superficie e supón unha esperanza na busca de compañía no Universo.


O seu obxectivo é revisar os miles de candidatos a planetas recén descubertos por Kepler. Dará maior prioridade a uns poucos mundos descubertos ata agora que se encontran na zona habitable da súa estrela, onde as temperaturas nos son nin tan quentes nin tan frías para que exista auga líquida.


As observacións nos próximos dous anos permitirán unha exploración sistemática destes descubrimentos en toda a ventá de microondas terrestres de 1 a 10 GHz. Lóxicamente, Kepler-22b é o primeiro no que se completou o estudo para a súa clasificación como planeta nunha zona habitable.


Enlace: http://www.abc.es/20111207/ciencia/abci-buscan-vida-inteligente-kepler-201112071039.html


Soraya González Feijoo Nº 12 1º Bach D