miércoles, 19 de febrero de 2014

Así mexíase o berce da humanidade

O museo arqueolóxico de Madrid acolle ata xullo a primeira exposición sobre a orixe do home e a súa evolución en África organizada fóra do continente

A humanidade naceu en África, concretamente na Garganta de Olduvai, onde o clima invitou aos primates a baixarse das árbores e camiñar erguidos pola sabana. Esta era a teoría coñecida ate o momento por todos, e agora levouse á práctica por primeira vez no Museo Arqueolóxico en Alcalá de Henares, Madrid, ata xullo antes de pasar o resto do ano en Burgos.
"A intención é que o público comprenda como xurdiu o xénero humano e como evolucionou en África dende hai catro millóns de anos ata o Homo sapiens arcaico (hai 180.000 anos) ", comenta Baquedano.
A bipedestación dos homínidos, a introducción na súa dieta de grandes cantidades de carne e o crecemento do seu cerebro, foron as circunstancias clave polas que se deu un paso de xigante na evolución dos sapiens. 


En total, trouxéronse, máis de 200 pezas, algunhas delas orixinais e de grandísimo valor científico, como un anaco do radio dun homínido Paranthropus, descubertas polo equipo español no leito de Olduvai, con 1,6 millóns de antigüidade.
Paranthropus era a rama desaparecida paralela á do Australopithecus. "Coñeciamos moi ben o cranio, pero non sabiamos como era o resto do corpo", comenta Baquedano ante un anaco dun radio pertencente a este ser. "Tiñan tres veces a forza no brazo dun neandertal e pesaban uns 80 quilos de media", engade o experto.
A exposición conta tamén coa historia do Homo habilis, o primeiro representante do nosa especie e do Homo ergaster africano (Homo erectus en Europa), semellantes a nós na altura e capacidade cranial, así como con diversos fósiles de animais que conviviron cos nosos antepasados como búfalos xigantes ou félidos con dentes de sable.
A actividade volcánica da Falla do Rift e a ceniza que desprendían as súas chemineas permitiron a perfecta conservación das pegadas daqueles primeiros homínidos erguidos e as dos animais daquel entorno, e un molde idéntico a esas pegadas luce na exposición.
Tamén se poden ver ferramentas. Dende as primeiras etapas da talla de pedra ata as innovacións achelenses e as de obsidiana.

Fontes: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/02/08/52f53d7aca4741b1158b4578.html


Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A