lunes, 20 de enero de 2014

Descubrindo ciencia cunha cervexa.

Quen podería dicir que mediante algo tan simple coma golpear o colo dun botellín de cervexa coa base doutra descubriríamos algo tan interesante e importante para a ciencia?

Pois si, tal caso lles pasou a un equipo de curiosos investigadores da Universidade Carlos III de Madrid. Un día calquera, tomando unha cervexa... Ocorréuselles esa pregunta: Por que ao golpear o colo dun botellín sae de maneira desmesurada espuma, deixándote, por desgraza, sen media cervexa?
Pois ben, tras un ano de estudio, lograron comprendelo.

Este fenómeno vén dado pola cavitación, que é un fenómeno hidrodinámico, moi estudado tamén en inxeniería naval (o movemento das hélices dos barcos, por exemplo, produce ese fenómeno na auga), que consiste en que ao baixar a presión na botella, fai que se formen esas burbullas de gas, que se elevan por riba do líquido ao pesaren menos, e por mor de que suban a tanta velocidade, fai que gran cantidade da cervexa en forma de espuma saia fora do botellín.

Este curioso e interesante descubrimento, aínda que non o pareza, ten grandes aplicacións para nós xa que, comprendendo mellor o fenómeno da cavitación lograrase por exemplo, (como nombrei antes, para inxeniería naval) mellorar as hélices dos barcos para un mellor rendemento déstas; para axudar a predicir a cantidade de gases expulsados nunha erupción volcánica... Entre outras cousas.

¿Consideras curioso este descubrimento? 
¿Para que outras cousas cres se poderían aplicar estos coñecementos?

http://www.youtube.com/watch?v=WCnbs0NXF_4 http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/20/52dd0e5f268e3e5d1f8b456f.html

Ésta é unha noticia do día 20/01/2014.
Lucía López Rguez 1ºA Bach.