domingo, 24 de abril de 2011

Árbores que salvan vidas, en perigo de extinción

Ás veces os científicos recorren á Natureza en busca de remedios para a saúde, pero algúns deles poden estar desaparecendo antes de ser aproveitados: árbores e arbustos utilizados durante séculos polo medicamento tradicional africano están en risco de extinción.
A posible causa son a descontrolada deforestación que ten lugar no Leste de África.
A investigación foi desenvolvida en tres países (Tanzania, Kenia e Uganda). O centro ICRAF quería preservar exemplos das plantas antipalúdicas no seu banco de xenes, onde de 200 especies unhas 30 teñen estas propiedades.

Algúns exemplos: a quinina (o tratamento histórico máis estendido contra a malaria) provén da cortiza da árbore suramericana Cinchona; e a artemisa é o arbusto asiático utilizado máis recentemente por ser máis efectivo, aínda que en África non chega máis que ao 15% dos afectados. Ademais, o parásito xa se está facendo resistente a esta droga, polo que urxe a atopar outras alternativas.

Unha das que están a piques de extinguirse é o 'Zanthoxylum chalybeum', un arbusto espiñento que crece na sabana no leste africano. As comunidades usan a súa cortiza e as súas raíces para baixar a febre e outras fan infusións coas súas follas.
Outra especie en perigo pola sobreexplotación da madeira son as oliveiras salvaxes ('Olea europaea africana'): o extracto dos seus compoñentes orgánicos é antipalúdico e tambien actúa como laxativo para expeler parásitos e a solitaria.



Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/21/ciencia/1303388539.html
Feito por: Yurema Seara Núñez, 1ºB

Cambios de Semana Santa.


Uns anos en abril, outros en maio. Por que cambia tanto a data da Semana Santa?

Ten que haber uns límites nos que pode caer. Non pode ser nin antes do 22 de marzo nin despois do 25 de abril.
A resposta a pregunta que se fai todo o mundo é unha regra moi sinxela. O domingo de Pascua da Resurreción é o seguinte a primeira lúa chea da primavera do hemisferio norte.


Pero esa norma plantexaba algúns problemas á hora de pola en practica.

O principal, que o equinocio da primavera boreal non ten data fixa, senon que pode ser entre o 20 e o 22 de marzo e se non se calcula astronómicamente pode haber confusións a hora de calcular o primeiro plenilunio.

Outro problema é que a data local da lúa chea pode cambiar dun dia segundo o emplazamento xeografico.

Para solucionar ese problenmas e que a Pascua cristiá non concidira coa Xudia, estableceuse que o domingo de Pascua sexa o seguinte a primeira lúa chea eclesiastica (un plenilunio fiticio definido pola Igrexia mediante tablas numéricas) que se da tra-lo 21 de marzo.

Podería considerarse esto ciencia??
Deixovos que opinedes.


Noticia completa.


Coral Real Llamas.
1º Bachiller B