miércoles, 27 de noviembre de 2013

A evolución grazas aos factores de transcrición

O CSIC revela que a complexidade dos factores de transcrición foi o que nos fixo evolucionar e o noso pase de organismos unicelulares a pluricelulares.

Os factores de transcrición son unha peza fundamental no desenvolvemento dos organismos. Podemos definilo como proteínas que se unen ao ADN e activan ou reprimen a expresión de xenes.

Grazas a este proxecto sabemos que as plantas e os animais teñen os factores de transcrición máis complexos. Este fenómeno podería deberse a que teñen un desenvolvemento embrionario complexo, o que require máis control, polo tanto, ter máis factores de transcrición.

Despois de todo isto os investigadores observaron como cambian os factores de transcrición ao longo do desenvolvemento. "Nos animais vemos que os factores de transcrición se expresan máis durante o desenvolvemento e menos cando son adultos. En cambio, nas plantas os factores de transcrición seguen activos ao longo de etapas posteriores ao desenvolvemento inicial, probablemente porque a formación de novas estruturas continúa na fase adulta", engade un científico do proxecto.


Os meus compañeiros saberán responderme o que é a transcrición, xa que o demos no tema anterior de bioloxía. Espero a vosa resposta.


AS MIÑAS FOTES DE INFORMACIÓN:
http://www.csic.es/web/guest/home?p_p_id=contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1-2&p_p_col_count=2&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_struts_action=%2Fcontentviewer%2Fview&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_nodeRef=workspace%3A%2F%2FSpacesStore%2Fca72b021-ac25-487f-9e35-dc928b8ae772&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_gsa_index=false&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_title=noticias&contentType=news

Galiciencia 2013



Os días 20, 21 e 22 de novembro celebrouse no parque tecnóloxico de Ourense a feira científica estudiantil galega á que acudiron máis de 2000 persoas. Este ano estaba adicada ó Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga. Na Galiciencia expúxeronse 50 traballos realizados por rapaces de cursos entre 1º da ESO e 2º de Bachellerelato que viñan de todas partes de Galicia e de Barcelona. Nesta feira tamén participaron varios estudantes do Otero Pedrayo como Alejandro Fernández Dacal que presentaba un traballo acerca do aproveitamento do vento nun coche cunha pila de hidróxeno ou Aarón Abalo e Fran Sobrado que colaboraron na realización da revista da Galiciencia.

Aparte da mostra e exposición de traballos realizáronse varios talleres como o de pompas de xabón ou de a ciencia e os superheroes no recinto para mostrar que a ciencia tamén pode ser divertida e interesante.

Os traballos destes científicos xuvenís foron evaluados por un conxunto de 45 expertos que decidiron quen se debía levar o premio nesta Galiciencial.
Os gañadores absolutos e da categoría de segundo ciclo da ESO de esta feira foron Xosé Lois Chorén e Unai Ansedes do IES Xoán Montes(Lugo). A súa vitoria débese ao seu traballo para avisar ós condutores que accedan en sentido contrario a unha autopista. Eles apostan por repintar as actuais liñas blancas do firme con pintura luminiscente e facelas en relevo para producir sonoridade. Así verase de cor branco no sentido correcto e en vermello si se entrase en dirección contraria xa no mesmo punto de intersección desde a estrada de acceso. 

Tamén gañaron nas súas respectivas categorías dous traballos máis. Un consistía nunha silla con respaldo intelixente que alerta mediante pilotos luminosos dunha postura inadecuada da espalda e o outro era sobre diferentes perfumes ecolóxicos obtidos do bosque.

Cada un dos equipos premiados recibiu un “smartphone” e ademais os gañadores teñen un viaxe financiado á feira Expocerca que se celebra en Cataluña. Pero non solo levaron premio os gañadores senón que todos os participantes e colaboradores levaron un mp4 e un diploma confome participaran na octava edición da Galiciencia.

 

Sospeitas de que o cometa Ison se deintegrou ao aproximarse ao Sol

Habrá espectáculo celeste o próximo Nadal? O cometa Ison, en efecto, puido desintegrarse por completo cando faltan algo máis de 24 horas para a súa máxima aproximación ao Sol, que se producirá o 28 de este mes. A imaxe que aparece sobre estas liñas, tomada pola sonda SOHO, cuxa misión é precisamente a de estudar o Sol e o seu entorno, ilustra con moita claridade o pasio da rocha xeada de máis de 1 Km de diámetro a través do poderoso vento solar.
 Sospechas de que el cometa Ison se ha desintegrado al aproximarse al Sol

Ata o momento, o núcleo do cometa logrou manter a súa integridade durante a aproximación. Os astrónomos, sen embargo, detectaron agora unha serie de sinais que fan temer o peor. É casi seguro, de feito, que Ison non logre sobrevivir a súa perigosa aproximación ao Astro Rey. Así o cree Israel Hermelo, do Instituto de Radioastronomía Milimétrica (IRAM), situado na Serra Nevada, Granada. " A NASA suxeriu que siga contemplando o cometa por se acaso, pero todo fai indicar que se desintegrou", señala. "O  observatorio STEREO e o telescopio de Hawaii tamén encontraron sinais".
Un aumento súbito da luminosidade do cometa suxire, en efecto, que o seu núcleo xeado se desintegrou, ata convertirse en pouco máis que unha nube de po, pondo así puno e final ao soño de que Ison se convertera en "o cometa do século", visible durante meses e con un brillo superior á da Lúa chea.
Sen embargo, a confirmación visual directa da desintegración do Ison non se produciu todavía. Para iso hai que esperar aos próximos días, cando o cometa, o que quede de el, dé a volta ao Sol para acercarse á Terra.

Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/20131126/abci-cometa-ison-desintegra-aproximarse-201311262301.html

                                         Martín González Fernández 1º bach A



Outro xen que engorda


Está claro que as epidemias de obesidade teñen moito que ver cos malos estilos de vida das sociedades máis avanzadas (dietas excesivas en calorías xunto con pouco exercicio). Aínda así depende tamén en gran parte dos factores xenéticos. Algunhas persoas engordan sen case intentalo e outras parecen que poden comer  todo o que queiran sen medo ao sobrepeso. A revista Cell publicou recentemente unha investigación  que parece ter atopado un destos xenes.
O xen é chamado KSR2 e ten aos científicos intrigados porque cando se anula ese xen nos ratóns de laboratorio os animais aumentan moito a inxesta de alimento e ademais reducen o seu metabolismo, conduciendo ao desenvolvemento de obesidade. para conprobar o seu efecto en humanos observaron toda a secuencia de nucleótidos deste xen en máis de dous mil nenos que padecían sobrepeso a unha idade moi temprana. En 45 nenos atoparon algunha variante que anulaba o xen, cun aunmento do apetito, resistencia a insulina e un metabolismo máis baixo do normal e ao estudar os seus efectos sobre as celulas humanas máis a fondo, observaron que tamén reduce a capacidade de quemar glicosas.
Este descubrimento ten implicacións terpéuticas xa que se comprobou que as células con esta mutación responden ben ao tratamento con metformina, utilizada para tratar a diabete. 
O máis interesante é que so un 2% da obesidade infantil está causada por esta alteración. Estarán o resto dos casos causados tamén por mutacións en xenes semellantes todavía non descubertos?


Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

Jack Andraka, o neno prodixio contra o cancro

Con 15 anos, este rapaz de Maryland, viviu o falecemento dun amigo íntimo da familia a causa de cancro de pancreas. Entón deuse conta de que debía facer algo para axudar a estes pacientes e ideou un método de detección precoz do cancro de pancreas.


A súa investigación sobre como detectar precozmente o cancro de páncreas valeulle o premio na ISEF 2012 (Intel International Scienceand Engineering Fair), a maior competición internacional de ciencia a nivel preuniversitario na que participaron 1.500 mozos científicos de 70 países.


«Púxenme a investigar nas mellores fontes de información e sorprendeume o que encontrei: o 85% dos casos de cancros de páncreas son detectados de forma tardía así que só un 2% destes enfermos teñen posibilidades de sobrevivir», afirma. Jack Andraka decidiu investigar pola súa conta co obxectivo de encontrar algo que permitise detectar precozmente este tipo de cancro dunha forma rápida, barata e efectiva.
O primeiro paso na súa investigación consistiu en dar coa proteína que se encontra no sangue de forma abundante neste tipo de cancro en etapas temperás: a mesotelinaAsí mesturou os nanotubos coa mesotelina. «Despois, mollei pequenas tiras de papel con esta mestura e decateime de que ideara unha forma de detectar o cancro», asegura o mozo. Deste xeito, pódense detectar os niveis de mesotelinabiomarcador do cancro de páncreas.


Este detector de papel custa tres centavos, é fiable case ao 100%, é 168 veces máis rápido que o sistema actual e ofrece en só cinco minutos o resultado.

FONTEShttp://www.elmundo.es/ciencia/2013/11/24/529246cf68434110688b4584.html

                   
                                  PAULA QUINTAS BLANCO 1ºBACH A