viernes, 7 de enero de 2011

Xenes para saber o cor do cabelo

Segundo a revista Human Genetics realizáronse uns experimentos que afirman que coa información do ADN pódese determinar cunha gran probabilidade, superior o 90 % se unha persoa ten o pelo negro ou se é pelirroxa e cunha probabilidade dun 80% en rubios e castanos; para realizar este experimentos abonda cunha pequena mostra de sangue, saliva, espermatozoides ou outros materiais biológicos utilizados polos forenses.
Poder coñecer a cor do cabelo a partir do ADN mostra un gran avance porque ata agora tan so os pelirroxos se podían detectar con unha simple análise.
Agora os forenses xa poden determinar a coloración do cabelo basándose en tan so 13 marcadores de 11 xenes, esto permite os investigadores coñecer a cor do cabelo de calquera persoa.
Estes experimentos tan so se realizan co pelo da cabeza pero esperan conseguir o mesmo ca cor do vello corporal, aínda que anteriormente os investigadores xa traballaron para poder determinar a cor dos ollos e ata saber a idade dunha persoa a través do ADN.


Lorena Yáñez López 1º A

Pequenos cambios na imaxe do blog

A cabeceira dedicada ao ano da Biodiversidade, celebrado no 2010, foi substituida por unha imaxe que expresa unha Ciencia máis global.

A declaración de 2011 como Ano Internacional da Química é unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas en inglés) e a UNESCO. O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas.
O Lema é “Chemistry: our life, our future” (Química, a nosa vida, o noso futuro) e os seu obxectivos son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta fundamental para satisfacer as necesidade da sociedade, promover o interese pola Química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da Química para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.



2011 Ano Internacional dos Bosques. Esta celebración resultará útil para tomar maior conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Con este fin, promoverase a acción internacional en pos da ordenación sostible, a conservación e o desenvolvemento de todo tipo de bosques. No seguinte enlace podemos oir o son do bosque.

Editado por: Carmen Cid Manzano

Maduros ou non tanto?

Detrás da «síndrome de Peter Pan» quizais non exista só unha persoa caprichosa ou unha personalidade pouco formada, senón que pode esconderse unha explicación neurolóxica. Científicos británicos aseguran que o cerebro humano continúa desenvolvéndose despois da infancia e a puberdade, e que non alcanza a súa madurez completa ata os 30 ou 40 anos. Esta investigación, contradín as actuais teorías que apuntan que o cerebro madura moito máis cedo.

A codia prefrontal, que se encontra xusto detrás da fronte, é, segundo os científicos, a área do cerebro que experimenta maior período de desenvolvemento. É a parte do cerebro «que nos fai humanos», xa que existe unha estreita relación entre este área do cerebro e a personalidade. Os escáneres cerebrais mostran que que esta continúa cambiando a súa forma ata ben entrados os 30 ou os 40 anos. Para Blakemore, a investigación podería explicar por que os adultos ás veces se comportan como adolescentes, teñen mal humor sen vir a conto ou rabechas cando non se saen coa súa.
Aquí deíxovos un vídeo moi interesante sobre o funcionamento do cerebro.




Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B