miércoles, 9 de febrero de 2011

Des Forêts et des Hommes /Of Forests and Men





Sophie Monboisse (profesora de Francés)

Xa temos imaxes completas do Sol

En octubro do 2006 a NASA lanzou cara o Sol dúas sondas solares, cada unha delas dirixiuse cara o astro rei seguindo direccións opostas. A misión chamouse Stereo e consistía en obter por primeira vez unha imaxe estereoscópica e completa do Sol, observado desde distintos ángulos á vez. O pasado 6 de febreiro a axencia espacial cumpliu o seu ambicioso obxetivo e publicou as primeiras imaxes totais en 3D do noso astro.


















Tras unha viaxe de 470 millóns de km, ambas naves atopáronse no lado oposto da órbita da Terra, ó outro lado do Sol. Ambas sondas foron falicitando ó seu centro de control valiosa información sobre cómo afecta ó noso planeta o contínuo fluxo de enerxía que brota da nosa particular estrela. Cada unha das sondas fotografou e filmou ó detalle a metade da nosa estrela, enviando á Terra tódalas imaxes. Unha vez aquí, os investigadores combinaron as dúas vistas para crear unha esfera.
En 2009 as dúas naves revelaron nas tres dimensións a doble estructura das execcións de masa coronal, que son violentas erupcións de materia solar tamén coñecidas como tormentas solares. Este fenómeno pode interrumpir as comunicacións, afectar ós satélites e as redes de enerxía na Terra. Os instrumentos das naves captaron o Sol en catro lonxitudes de onda diferentes, todas en ultravioleta, seleccionadas cuidadosamente para estudiar aspectos concretos da actividade solar, como tsunamis solares ou filamentos magnéticos. Ata día de hoxe era imposible detectar manchas solares se estas se producían na cara oculta do Sol; para detectalas había que esperar a que a propia rotación solar nos amosara o que estaba a suceder ó outro lado, polo que nos deixaba moi pouco tempo para reaccionar. En cambio agora, incluso as zonas activas máis remotas e ocultas á nosa visión directa poderán ser accesibles e non nos volverán a tomar por sorpresaAs novas imaxes obtidas axudarán a mellorar a planificación de futuras misións de naves espaciais robóticas ou con tripulación hacia o sistema solar. Axudarán tamén na mellora das prediccións climatolóxicas; e, por primeira vez, podemos contemplar a actividade solar en todo o seu explendor tridimensional.

Cos datos desta misión os astrónomos xa poden “voar” á redor do Sol sen necesidade de despegar a vista das súas pantallas, vendo o que sucede máis alá do horizonte.


Para máis información
Lucía Rodríguez 1º Bach. B

O censo que xa non será un censo.

No ano 2011 o INE ( Instituto Nacional de Estatística) vai realizar o censo de poboación.Os censos teñen como obxectivo o reconto da poboación do estado e o coñecemento da súa estructura, para elo realizábanse enquisas en todos os domicilios do estado cuns cuestionarios sobre idade, sexo, nacionalidade, estado civil, formación, actividade económica, relacións parentesco entre os que viven nesa vivenda, características da vivenda, …, todo, preguntaban todo, pois tratábase de facer un retrato axustado das condicións de vida dos cidadáns españois.




O censo realizábase cada 10 anos desde 1877. Este ano por primeira vez vaise realizar unha mostraxe en lugar do censo universal e farase o cuestionario só a unha mostra do 10% da poboación.
O motivo dado polo INE para este cambio e a necesidade de aforrar en tempos de crise, de feito este ano só van contratar 5 000 enquisadores fronte aos 40 000 contratados para a realización do último censo de 2001. Tamén alega o INE que outros países Europeos están realizando este tipo de modificacións.
A medida esta xerando polémica entre estatísticos e sociólogos.

Conchi(Profesora de Matemáticas)