martes, 14 de mayo de 2013

Posible fin da fame no mundo?

A FAO (organización das nacións unidas para a alimentación e a agricultura) móstrase moi a favor da inxesta de insectos como dieta habitual.Pódenos resultar algo repugnante, pero estímase que polo menos dous millóns das persoas, principalmente en África e Asia, xa incluían estos animais na súa alimentación dende fai anos, maioritariamente debido á súa cultura e costumes.Quizáis cambiemos de opinión ao coñecer o gran valor nutritivo destas especies, que contan cun alto índice de proteínas, grasas saudables, vitaminas, calcio e sales minerales, moito máis que por exemplo a carne de vacuno.

¿Qué vantaxes ofrece fronte á carne do gando común?

  •  Os insectos teñen un fácil acceso para todo o mundo, posto que se atopan en gran cantidade na natureza mesma, ou, no caso de querer crialos, o seu gasto
    veríase moi reducido, xa que só se precisarían 2kg de alimento para producir 1kg de carne, mentres que no caso dunha vaca, precísanse 8 kg de alimento para producir un de carne.
  • Apenas producen emisións contaminantes para o medio ambiente como o metano, amoníaco, gases de efecto invernadoiro ou estiércol.

  A idea de expansión de territorios de cultivo resulta totalmente insostible para o medio ambiente; os océanos agótanse e o cambio climático faise cada vez máis notorio, o que dificultaría o cultivo.

En 2030, calcúlase que o mundo terá que alimentar a máis de 9.000 millóns de habitantes, ademáis dos miles de millóns de animais que se crían anualmente.

Entón, ¿por qué non optar por unha dieta que inclúa insectos? Sen dúbida, sería unha opción para combater a fame no mundo, ou polo menos sería de gran axuda. 

Fontes de información:


Gloria de las Heras Calviño, 1º Bach D.