martes, 8 de enero de 2013

Ao redor do maior descubrimento do ano segundo a revista Science

Posters realizados por: Javier López Nóvoa e Paula Meixeiro Calvo 1º Bach. D

Un francés de 15 anos publica un artigo en Science


A ciencia non é soamente un mundo de adultos. Recentemente, Neil Ibata, un estudante francés de 15 anos e fillo e becario dun astrofísico en Estrasburgo, conseguiu publicar, xunto co seu pai, un artigo na prestixiosa revista científica Nature, ocupando a portada. Neil, usando un programa informático que el mesmo perfeccionou e os seus coñecementos de vectores, descubriu que as galaxias ananas máis pretas a Andrómeda móvense rotando arredor dela nun mesmo plano.

O seu pai propúxolle aplicar o aprendido nun curso sobre linguaxe informático Python ó que asistira para visualizar os datos que recollera sobre a galaxia Andrómeda co seu equipo durante catro anos. Ó observar os datos que o seu pai lle proporcionara, xa que entre 2008 e 2011 estivera recolléndoos cos telescopios Canadá-Francia-Hawai e o estadounidende Keck, apreciou que unha gran parte de galaxias ananas situadas nas aforas de Andrómeda parecía xirar en torno á galaxia espiral. Rodrigo Ibata, pai de Neil, explica en Nature que estas pequenas galaxias están reunidas nun disco moi plano de máis dun millón de anos luz de diámetro que xira lentamente arredor de si.

Este rapaz, apaixonado da física, da informática e dos vectores, non descarta estudar una carreira científica pero iso si, non o mesmo dominio ca seu pai xa que pensa que “Paréceme que é mellor non facer exactamente o mesmo que fan os teus pais”.



Fontes: 
http://www.lefigaro.fr/sciences/2013/01/04/01008-20130104ARTFIG00488-un-francais-de-15-ans-publie-un-article-dans-nature.php
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/01/05/actualidad/1357405480_366815.html

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A