jueves, 8 de mayo de 2014

A contaminación nas cidades aumenta perigosamente

A Organización Mundial da Saúde (OMS), alertou o 7 de Maio que a calidade do aire que se respira nas cidades empeorou  e con ela aumentou  o risco de que a súa poboación padeza enfermidades respiratorias, coronarias e outras patoloxías relacionadas coa contaminación. Case o 90% das cidades  -1.600 , 500  máis que no anterior reconto, de 2011,- superan os niveis recomendados pola OMS dun tipo de contaminación, as partículas en suspensión, moi relacionado co tráfico, a industria e as calefaccións.
Só o 12% respiran o que a organización considera aire limpo, que no caso das partículas PM10 -chamadas así polo seu diámetro, inferior a 10 microns- é dunha media anual de 20 microgramos por metro cúbico.

As causas son variadas: a dependencia dos combustibles fósiles, como nas plantas que producen enerxía con carbón; o transporte en vehículos privados ou  a escasa eficiencia enerxética nos edificios...

" Temos visto que a situación empeora, sobre todo en países de crecemento económico rápido, os chamados emerxentes. Nos industrializados, os datos non melloran como viñan facéndoo nos últimos 20 ou 30 anos", sinala María Neira, directora do departamento de Saúde Pública e Medio da OMS

Peshawar e Rawalpindi, ambas as dúas en Paquistán, son as cidades máis contaminadas, con rexistros de 540 e 548, multiplican ata por 27 os máximos recomendados . Das 20 cidades con peor calidade do aire, a metade están na India. En España, a cidade máis contaminada é La Línea de la Concepción, con 33. Barcelona, con 25, e Madrid, con 22, superan as recomendacións da OMS.

A finais de abril  a OMS revelou  que a contaminación é máis daniña para a saúde do que se cría. A relación  entre a exposición ó aire sucio e as enfermidades respiratorias, cardiovasculares, os accidentes cerebrovasculares  e o cancro resultou son moito maior. A OMS  cuantificou que uns sete millóns de mortes en 2012  foron causada pola contaminación, parte á atmosférica (2,6 millóns) e parte á interior (4,3), a que se produce dentro do fogar.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/05/07/actualidad/1399496435_184044.html

                               PATRICIA MOREIRAS ARIAS Nº13 1ºBACH D