sábado, 31 de diciembre de 2011

FELIZ ANO

O 2011 remata, e nestas datas e cando máis nos lembramos do todo vivido neste ano. 
Eu no meu lugar, quería agradecerlle a profesora Mari Carmen todo o que fixo por nós e especial por min porque repito, que grazas a ti puiden ir á Climántica e ó Campus, que fixeron deste ano un dos mellores que vivín. 
 
 


 



Tampouco quero esquecerme dos meus compañeiros, que estou moi contenta de telos, porque fan que as clases pasen rápido e que nelas disfrute, non son só un lugar de traballo nin unha carga, son moito máis ca iso. Moitas grazas por axudarme sempre, e que sepades que contades co meu apoio para o que queirades. Por iso, neste ano, desexo que, 2 de bacharelato non nos resulte duro, e que o meu e o voso traballo se vexa recompensado, que todos poidamos estudar aquilo que queiramos, e sobre todo que, aínda que marchamos a cidades distintas ó facer a carreira, sigamos tendo contacto. 
Finalmente, non podo rematar este post, sen facer mención a nosa anterior profesora de bioloxía María Xosé Camba. Pode que xa pasaran meses dende o seu falecemento pero eso non implica que nós nos esqueceramos dela. A min persoalmente, só me deu clase unha semana, pero para min foi máis profesora ca outras que me deron todo o ano. Sempre me preguntaba que tal estaba, felícitabame polo blog,  e sorríame sempre, sempre estaba con esa sonrisa, que eu creo que nunca deberíamos perder e menos agora, polo menos en memoria dela. Eu creo, que sempre temos que estar felices, ás veces non é tan doado, pero se somos capaces de apreciar os pequenos detalles e reirnos ante as propias dificultades, podemos superar ás adversidades. Un saúdo e un bico moi grande.