sábado, 27 de octubre de 2012

Un mapa máis preciso do centro da Vía Láctea

Un equipo internacional de astrónomos lograron catalogar máis de 84 millóns de estrelas situadas na zona central da Vía Láctea. Grazas a imaxe do telescopio de sondeo VISTA (Visible and Infrared Survey Telescope for Astronomy) este avance permitenos conocer máis da nosa galaxia anfitriona, ofrecéndonos dez veces máis estrelas que en estudios anteriores. Comprender a formación e evolución do núcleo da Vía Láctea é vital para o coñecemento da galaxia como un todo. Unha imaxe sobre a que se pode facer zoom, acercándonos a parte central da nosa galaxia, se a quixesemos imprimir coa resolución típica dun libro ocuparianos 9 metros de largo por 7 de ancho.
“Observando as estrelas en detalle podemos aprender moito máis sobre a formación e a evolución da nosa galaxia e das galaxias espirales en xeral” afirma Roberto Saito, investigador principal de este estudio. Moitas galaxias espirales teñen unha alta concentración de estrellas vellas rodeando o centro, o núcleo. Conseguir estas observacións tan detalladas non é sinxelo:  



Telescopio de sondeo VISTA.

Ubicado no Observatorio Paranal de ESO (organización astronómica intergubernamental en Europa, que proporciona os astrónomos intalacións de investigación, conta co apoyo de España entre outros moitos países europeos) en Chile. Conta cun espello duns 4,1m de diámetro, un amplio campo de visión e detectores infravermellos moi sensibles. O equipo de astrónomos utilizou os datos do programa VISTA., co que creou esta imaxe 9 xigapíxeles (a maior imaxe astronómica elaborada) recopilando así o maior catálogo da concentración de estrelas na rexión central da Vía Láctea.
“Obserbar o núcleo da Vía Láctea e moi difícil, xa que está oscurecido polo po. Para penetrar no corazón da galaxia, necesitamos observar o rango infravermello da luz, o cal se ve menos afectado por o po” explica Dante Minniti, coautor do estudio. Para axudar na análise deste gran catálogo, o brillo de cada estrela plasmase nun diagrama frente ao seu color para uns 84 millóns de estrelas co fin de crear un diagrama cor- magnitude (utilizados para estudar as diferentes propiedades das estrelas como: temperaturas, masas e idades.), este conten un tesoro oculto de información sobre a estrutura e os contados da Vía Lactea. Un dato interesante é o gran número de estrelas enanas vermellas candidatas a albergar pequenos exoplanetas, obxetos que poden ser descubertos utilizando a técnica dos tránsitos.

FONTES DE INFORMACIÓN: http://en.wikipedia.org/wiki/VISTA_(telescope) http://www.abc.es/20121024/ciencia/abci-millones-estrellas-sola-foto-201210241145.html http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/10/24/actualidad/1351081430_777440.html http://www.elmundo.es/elmundo/2012/10/24/ciencia/1351069799.html www.eso.org/public/chile/news/eso1242/

Xa se fabrica gasolina a partir do aire e da auga

Un grupo de científicos pertencentes a unha pequena compañía británica chamada “Air Fuel Synthesis” desenvolveu a primeira "gasolina de aire" grazas a unha revolucionaria tecnoloxía que promete solucionar a crisis enerxética e contribuir á loita contra o quentamento global mediante a eliminación do dióxido de carbono da atmosfera.

Nunha pequena planta situada no norte de Inglaterra, lograron sintetizar gasolina a base de dióxido de carbono presente na atmosfera e vapor de auga.
Ata o de agora, producíronse cinco litros da súa gasolina nun experimento de proba de dous anos.

Remóvese o dióxido de carbono da atmosfera e combínase con hidróxeno separado do vapor de auga, e a través dun catalizador créase metanol. Cun biorreactor, o metanol convérsese despois nun combustible que pode introducirse directamente no tanque de gasolina.

É como a combustión ao revés e é o que lles da enerxía as plantas: entran CO2 e auga e salen moléculas de azúcar ricas en enerxía.

Ademais, este sistema ten varias vantaxes. Aparte de usar aire e vapor de augua, a gasolina é unha forma moi sinxela de almacenar enerxía, e tamén existe unha infraestrutura por todo o mundo para o seu uso. Por outro lado, o sistema podería ubicarse xunto a unha central eléctrica para ter produción local de gasolina sen depender dos países produtores.

Os responsables deste proxecto esperan que, nun plazo máximo de dous años, coa fabricación dunha planta de maior tamaño, poidan producir unha tonelada deste combustible cada día.
Según Tim Fox o director de enerxía e medio ambiente na Institución de Inxeneiros Mecánicos de Londres o proceso encóntrase aínda nas súas primeiras fases de desenvolvemento e precisa de electricidade da red nacional no traballo da operación, pero desde a compañía esperan que nun futuro non lexano, sexa posible aproveitar enerxía de fontes renovables como a maremotriz ou a eólica.

“Parece e ule a gasolina, pero é un produto moito máis limpo e claro ca derivada do petróleo", revela Peter Harrison, máximo responsable da compañía encargada do proxecto. "Non sumamos ningún dos aditivos que se poden encontrar na gasolina convencional e pode ser empregada polos motores existentes".

Como ocorre con moitos outros produtos enerxéticos e métodos de almacenamento, so o tempo e as forzas do mercado poderán determinar qué tan lexos pode chegar a idea de producir gasolina a partir do aire.

Enlaces:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/10/121019_ciencia_gasolina_aire_diferencia_tsb.shtml

http://www.eleconomista.es/ecomotor/motor/noticias/4346364/10/12/Gasolina-fabricada-a-partir-de-aire-y-agua-la-energia-limpia-definitiva.html

Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D





Un mozo galego de 28 anos na elite do CERN

A tese de Xabier Cid acadou o máis alto recoñecemento. O seu traballo, defendido onte en Santiago, chegou a novos resultados para o LHCb, un dos catro grandes experimentos instalados no Gran Colisionador de Hadróns, o LHC, o maior acelerador de partículas do mundo, ubicado baixo terra en Xenebra (Suíza).
Espero que isto vos anime aos que lle guste a Física!

Un mapa da nosa galaxia máis preciso


Un equipo de astrónomos elaborou un mapa moito máis detallado da Vía Láctea grazas ó telescopio do Observatorio Europeo Austral (ESO). Este catálogo de máis de 84 millóns de estrelas foi creado a partires das imaxes que foi captando o telescopio de sondeo Vista
O número de estrelas  que había anteriormente recontado é dez veces inferior ó obtido neste estudo. Isto supón un avance para o coñecemento da nosa galaxia.O mapa resultante deste proxecto é tan grande que se quixéramos imprimilo ca resolución típica dun libro, as súas medidas serían 9 metros de largo por 7 metros de ancho.
En torno ó centro das galaxias espirais, como a Vía Láctea, adóitanse acumular un gran número de estrelas vellas. Observando en detalle estas estrelas no mapa, poderase entender mellor a orixe e formación do núcleo da nosa galaxia, e en xeral de todas as galaxias espirais (como a  nosa galaxia máis próxima, Andrómeda).
Deixo un enlace á web da ESO, cun vídeo do novo mapa: “Zooming in on VISTA’s view of the centre of the Milky Way”.http://www.eso.org/public/videos/eso0949f/



Enlaces:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A