viernes, 6 de diciembre de 2013

Hallanse dous buracos negros entrelazados nun baile cósmico


A 3.800 millóns de anos luz da Terra descubriuse o que parecen ser dous buratos negros supermasivos no centro dunha galaxia remota, este descubrimento produciuse polo labor dun grupo de astrónomos do Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) da NASA, grazas a os estudos realizados coa axuda do telescopio especial WISE. Ademais tamén realizaronse seguimentos noutras partes do mundo e con diferentes telescopios e radiotelescopios. Estes dous buracos negros encóntranse xirando entre si como se estivesen a bailar. Os estudos revelaron co chorro de un dos buracos cambiou a forma isto produciuse problabemente polo peso do chorro do segundo.



Chao-Wei Tsai, del JPL un dos investigadores cree que é probable que os dous buratos negros estean bastante preto e se encontren entrelazados gravitatoriamente. Os científicos pensaron que a estraña estrutura se trataba de novas estrelas formándose a un gran ritmo, pero mais tarde consideraron que o que estaba a suceder era un fenómeno que se parecía máis a unha fusión de buratos negros xigantes.

Os investigadores creen que case todas as grandes galaxias albergan polo menos un burato negro supermasivo con masas extremadamente grandes. Estas galaxias son de gran tamaño por diversas razóns, unha delas é que se encontran devorando a materia que se atópase ao seu arredor e outra que podemos prodúcese polo chamado "canibalismo galáctico" cando dúas galaxias colisionar os buratos negros masivos sucumben no centro da estrutura enredándose nunha especia de tango gravitacional. Poda acontecer a formación dun so buraco negro incluso moito mais masivo.



Iste proceso denominado como baile dos dous buracos negros comeza lentamente nunha distancia duns poucos miles de anos luz, cos obxectos dando voltas entre si Poucos buratos negros foron identificados nesta temperá fase de fusión. Como continúan dando voltas un arredor do outro, achéganse, separados unicamente por uns poucos anos luz. Estas duas unidades envían ondas gravitacionais a través do espazo e o tempo. Para comprender mellor o funcionamento destes buratos negros danzantes, os cientificos estan a explorar e a buscar as ondas que estos emiten empregando estrelas mortas chamadas púlsares.

Credes que nalgún momento encontrarase algunha pista que permita descubrir o completo funcionamento dos buratos negros danzantes?

FONTES: http://www.abc.es/ciencia/20131206/abci-hallan-agujeros-negros-entrelazados-201312051827.html

                                                                                                                       Marta Taín Vázquez 1ºA