domingo, 2 de diciembre de 2012

A NASA nega que o Curiosity detectara compostos orgánicos en Marte

O que parecía que ía ser un gran descubrimento e que ía cambiar os libros de historia, ao final quedouse nuns rumores sen sustento xa que as expectativas en torno aos posibles achados da NASA en Marte parece que non se cumprirán.

Logo de dicir que este luns 3 de decembro anunciarían un descubrimento que revolucionaría os libros de historia, a axencia espacial negou o descubrimento de compostos orgánicos no planeta vermello, despois das especulacións feitas sobre as declaracións de John Grotzinger (investigador principal da misión Curiosity), e todo o “boom” que isto causou na comunidade científica internacional e nas redes sociais.
“Os rumores e especulacións acerca de que existe un novo descubrimento da misión nesta etapa da investigación son incorrectos. (...) Nestes momentos, os instrumentos do rover non detectaron ningunha proba definitiva de compostos orgánicos marcianos”, sinala o comunicado no sitio web da NASA.
De feito, a NASA tamén comunicou que o 3 de decembro, na conferencia anual da Unión de Xeofísica Americana darase un reporte do que fixo o Curiosity ata agora e da actualización sobre o primeiro uso da gama completa de instrumentos analíticos do rover para investigar unha deriva do chan areento.

De todas formas non hai que perder a esperanza, xa que igual hai algún descubrimento interesante e de relevancia científica. Ao fin e ao cabo, desde que chegou a Marte en agosto, o Curiosity foi proporcionando grandes avances no coñecemento de Marte. De feito, a misión xa encontrou un antigo leito de río no planeta vermello.

Enlaces:


Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D