martes, 3 de enero de 2012

Próspero Aninovo


Hai quen di que estamos predestinados; quen pensa que o que nos ocorre é produto do azar, que nós mesmos buscamos e provocamos o noso día a día, que as oportunidades son o froito do noso traballo. De calquera xeito, ninguén esperaba a brusca despedida que tivo María Xosé Camba de nós. Só foi un ano o que me deu clase, pero un ano foi máis que suficiente para corroborar que un profesor pode converterse tamén nun amigo, e creo que todos opinamos máis ou menos o mesmo(sobre todo aqueles que tiveron a sorte de estar máis dun ano con ela), porque chegaba con ver a súa cara ao lonxe para saber que nada máis cruzarnos con ela ou ben nos regalaría un sorriso ou nos preguntaría que tal isto ou que tal ou outro, que se as exames, que se as competicións para uns, que se os partidos para outros...eses detalles que tiña eran propios de alguén ledo, preocupado polos seus alumnos e non só non ámbito da súa materia. Oxalá todos fósemos como Camba e nos preocupásemos polos demais tanto como facía ela, e alegrásemos cos mesmos sorrisos e espírito a aqueles que nos rodean. Que o ano que comeza encha de forzas aos que máis notan a súa ausencia e nos achegue aos demais a ser un pouco máis como ela...altruístas.