miércoles, 16 de enero de 2013

Atópase a mostra de auga máis antiga da terra

Científicos rusos extraen a primeira mostra da auga máis antiga da Terra. Obtívose no lago Vostok da Antartida a 3.406 metros de profundidade,conxelada e de cor branca. O pasado 10 de xaneiro,un equipo de científicos rusos obtivo a primeira mostra de auga do lago Vostok,considerada a reserva acuífera máis antiga e pura da Terra.O Vostok,descuberto en 1996,encóntrase na Antártida baixo un casquete xeado de case 4 Km de espesor.Estímase que leva illado da biosfera máis de 20 millóns de anos e o seu estudo podería achegar información crucial sobre a evolución das especies e o cambio climático.

"Á profundidade de 3.383 metros chegamos a unha capa de xeo, nova descoñecida ata agora.Trátase dun material opaco,poroso e dunha cor branca brillante(...) o 10 de xaneiro ao chegar aos 3.406 metros,obtivemos o primeiro           cilindro -dunha lonxitude de dous metros- con xeo transparente do lago. No seu interior aparece auga conxelada de cor branca chea de burbullas" ,asegura a nota de prensa difundida polo Instituto de Investigación Científica Ártica e Antártica de San Petesburgo. A mesma nota sinala que as perforacións continuarán ata a profundidade de 3.430 metros.

Vida en marte:
En declaracións a medios rusos,Valeri Lukin,o xefe da expedición afirmouque "hai constancia indirecta de qu baixo os casquetes polares de Marte e os satélites Encélado e Europa -de Saturno e Jupiter respectivamente- existe auga con organismos vivos e as tecnoloxías que estamos a aplicar no lago Vostok poderían utilizarse tamén alí no futuro".


A auga recén encontrada non se enviará a San Petesburgo por vía aérea senón en barco,polo que non chegará ao seu destino ata maio.

A primeira perforación que permitiu chegar ata o Vostok produciuse en febreiro do ano pasado.Logo tivéronse que deter os traballos debido á chegada do inverno austral.Os científicos rusos esperan encontrar no lago especies inéditas de bacterias que axuden a comprender mellor o mecanismo da evolución.

Fontes de información:


Pablo Estévez Feijóo 1ºA Bach