sábado, 8 de febrero de 2014

As primeiras pegadas en Europa


Un equipo científico británico anunciou esta semana o descubrimento no depósito de Happisburgh (Reino Unido) as pegadas máis antigas encontradas ata a data en Europa, de algo maís de 800.000 anos. O experto en neandertales Chris Stringer cre que poderían pertencer á especie cuxos fósiles atopáronse  en Atapuerca, en concetro , aqueles que se conservaron no depósito da Gran Dolina que  teñen tamén máis de 800.000 anos e bautizaronse  cando se descubriron os primeiros fósiles, en 1994, como Homo antecesor.


 As pegadas deste grupo de homínidos consideraríase o rastro máis antigo coñecido na actualidade fóra de África o que é  unha clara evidencia   da presenza dos primeiros humanos coñecidos no Norte de Europa, así declarábao  Nick Ashton director  do Museo de Historia  Natural de Londres , onde se presentará o achado a finais deste mes.

Atopáronse  despois de que quedaran expostas durante unha marea baixa na zona costeira de  Norfolk cando o mar axitado limpou a area que as cubría e uns investigadores víronas , os cales tomaron imaxes dos sedimentos petrificados antes de que o mar as tragase de novo.
Con esas fotografías e tras o seu análise detallado, realizado pola doctora Isabelle De Groote, , deseñouse  un modelo en tres dimensións, co cal determinaron que se debeu de tratar dun grupo de cinco individuos, posiblemente familiar, de adultos e nenos.

Do aproximadamente medio centenar de pegadas identificadas, só unha ducia estaban razoablemente completas e só en dous apreciábanse os dedos con detalle,os arqueólogos están agora a intentar precisar a súa idade que, polo momento, sitúan en torno a 850.000 anos ou 950.000.
A pisada máis grande sería dun individuo que calzaría un número 42 actual e os investigadores estiman, polo tanto, que mediría algo máis de 1,70 metros.



FONTES:
                      
Patricia Moreiras Arias nº13 1º Bach.D



A idade non é un obstáculo para a rexeneración neuronal

Un novo estudo da Universidade Yale en Connecticut, Estados Unidos, descubríu que o que limita de xeito determinante a rexeneración neuronal non é a idade senón a insulina. O achado fíxose en vermes envellecidos, pero é posible que a mesma situación aconteza no ser humano.

Nos vermes estudados, a insulina é o que inhibe a capacidade das neuronas motoras para repararse, un descubrimento que suxire que o deterioro do sistema nervioso podería non ser inevitable.

A medida que envellecen, todos os organismos sofren unha redución da súa capacidade para rexenerar porcións danadas do sistema nervioso. Este sistema regula a súa propia resposta ante a idade, polo tanto,  é factible obter animais que vivan máis tempo do normal pero cuxo sistema nervioso envelleza ao ritmo normal, ou, á inversa, obter animais que morran a idades normais pero cuxo sistema nervioso se manteña novo ata o final.

O obxectivo desta nova liña de investigación é descubrir cómo conseguir rexenerar neuronas sen que a idade da persoa sexa un impedimento.

  • Paréceche interesante este descubrimento?
  • Recordas o funcionamento das neuronas? Déixoche o seguinte vídeo para refrescar a memoria:


Alba Álvarez Pacios nº1 1ºBACH-A

OS TOMATES CONTRA Ó CANCRO

 Investigadores británicos desarrollan unha hortaliza modificada xenéticamente cun alto contido de antioxidantes.
Despois de longos anos de estudo, o esforzo de 300 científicos internacionais, coordinados polo laboratorio do Centro Jhon Innes de Norwich (este de Inglaterra) parece dar o seu fruto.
Os investigadores tomaron os xenes implicados na coloración vermella nos pétalos da dragoniana, unha planta mediterránea, e introduxíronos nos da tomateira. Ises xenes seleccionados permiten xerar antocianina, un antioxidante beneficioso na prevención do cancro e responsable de que as flores e froitas sexan de color vermella ou morado, moi presente nas zarzamoras, arándanos ou frambuesas.
Mediante esta modificación xenética conqueriron uns tomates que ó madurar teñen un intenso color púrpura polo seu alto contido de antocianina tanto na pulpa como na pel. Espérase que os primeiros 1200 litros de zume cheguen pronto a Gran Bretaña procedentes de Canadá.
O tomate conta con todos os xenes necesarios para xerar istes antioxidantes, pero istes están inactivos e grazas a esta modificación conseguiron que se desenrrole a antocianina.
O esencial agora é desenrrolar as probas de seguridade para contrastar os posibles efectos positivos na saúde dos humans.
 

Nos estudos con ratos comprobouse que os alimentados cós tomates modificados, recibindo unha forte dosis do vexetal de cor púrpura, resultaron máis lonxevos.
Curiosamente, ainda que a invención é británica, a restrinción de alimentos tranxénicos da UE obrigaron a saír ao extranxeiro para desenrolar a tecnoloxía e as probas posteriores e por ilo transladáronse a Ontario(Canadá).
Agora ben, a pregunta é si un producto modificado xeneticamente ainda que poida revertir nunha mellora da saude, será aceptado pola opinión pública, cada día mais escéptica ante a manipulación dós alimentos. A última aprobación para un cultivo de alimentos tranxénicos na UE foi no 1998.

En Norteamérica será mais factible pois espérase que o tomate morado chegue ós supermercados nun par de anos e a doctora Martin, autora do estudo, confía en que a incorporación do tomate morado a dieta dos norteamericanos rematen ca resistencia dós paises mais reacios.

Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20140129/abci-supertomate-morado-para-combatir-201401291203.html


NURIA VILA SEIJAS  Nº30 1ºBACH-D