viernes, 24 de diciembre de 2010

Nova técnica para parar o VIH

Sempre se mantivo como métodos de precaucion ao ViH o uso do preservativo ou algun outro método como as vacinas, pero a farmacoloxia frente ao virus aÍnda require de avances.
Actualmente disponse dunha multitude de fármacos pero existe un problema común a todos eles:
o posible desenvolvemento de resistencias e os efectos secundarios.
Na revista Science Translational Medicine publicouse un estudo con participación española na que se define unha molécula capaz de evitar a replicación do VIH, ou o que é o mesmo controlar a carga viral para que o paciente non desenvolva o sida.
O novo composto esta baseado nun péptido, proteina pequena (lembradevos os de bioloxia) producido polo organismo de forma natural.
O fármaco provouse en 18 seropositivos pero os autores do estudo din que non se poderá utilizar na actual versión pois é moi caro e é intravenoso.
Unha das vantaxes que aporta este fármaco é que apenas produce efectos secundarios, e se os produce son de tipo leve.

Para obter máis imformación:
http://www.publico.es/ciencias/353063/un-compuesto-tapa-el-arpon-que-usa-el-vih-para-infectar

Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

Creation, tedes que vela.


Creation. Director Jon Amiel Ano:2009





Histórica. Duración 108 min


Pelicula biografica sobre o naturalista inglés Charles Darwin e o nacemento da súa revolucionaria teoría da oríxe das especies.




O humor depende de cada sexo

Como xa sabedes hai un gran número de diferenzas tanto xenéticas como físicas entre homes e mulleres, pero tal vez haxa algunha diferenza entre os dous sexos que aínda non coñezades, por exemplo, sabedes que os homes e as nulleres non nos rimos das mesmas cousas?
Para que algo nos faga rir, como pode ser un chiste, o noso cerebro ten que pasar por distintas etapas: primeiro entender o chiste, logo encontrarlle o humor e finalmente rirse e neste proceso interveñen tres grandes capas do noso cerebro.
Na primeira etapa utilizamos a corteza cerebral para procesar o que lemos ou escoitamos e darnos conta de que carece de sentido, nesta estapa case non se encontran ningunhas diferenzas entre homes e mulleres, na segunda etapa utilizamos a capa do cerebro que procesa os sentimentos, un erro nesta etapa provoca unha gran emoción provocada pola dopamina ou hormona da felicidade. Nesta segunda etapa as mulleres empregamos máis áreas do cerebro e chegamos moito máis alá que a rirnos senón que buscamos a gracia das cousas e que nos provoque o humor algo realmente divertido pola contra os homes solo buscan rir. Na última etapa que é rirse, as mulleres encontramos un gran acercamento entre conocemento e emoción mentras que eles non o encontran, é dicir, as mulleres gustanos o humor intelixente.

Como si é certo o humor alarga a vida, as persoas que rin para equilibrar o estrés esta demostrado que padecen un 40% menos de infartos ou apoplexías, sufren menos dores dentais e viven unha media de catro anos e medio máis, por eso os científicos recomendan rirse 15 minutos diarios.
Aquí vos deixo un video moi interesante:





Lorena Yáñez López 1º A

O alcohol activa un xen agresivo nos finlandeses

O estudo advirte de que levar esta variante xenética non é suficiente por si mesma para xerar eses comportamentos.

La variante solo se da en el país escandinavo.
A variante só dáse no país escandinavo.

Ser finlandés, beber demasiado e levar un determinado xene que só se encontra entre algúns habitantes daquel país podería predispoñer a comportamentos compulsivos, segundo un estudo publicado hoxe en Nature.

O traballo, liderado por investigadores do Instituto Nacional de Saúde (NIH) de EUA que estudan problemas carrexados polo alcoholismo, advirte de que levar esta variante xenética non é suficiente por si mesma para xerar eses comportamentos. Non obstante, o xene resultou ata tres veces máis común en persoas con problemas psiquiátricos que cometeron algún delito de agresión baixo os efectos do alcohol que na poboación xeral de Finlandia, segundo o estudo.

"A impulsividade", di David Goldman, investigador do NIH e coautor do estudo, "é un factor en moitos comportamentos patolóxicos como o suicidio, as adiccións ou as agresións".

O seu equipo analizou 96 finlandeses que cometeran delitos de agresión sen fin aparente e a outros tantos sen antecedentes. Unha vez identificada a variante do xene HTR2B relacionada coa impulsividade, os expertos comprobaron que ratos transxénicos coa mesma versión do xene tamén mostraban o mesmo problema.


Noelia Vila Seijas 1ºC

El sonido del trueno. Director Peter Hyams. Ano:2005






Ciencia-ficción Alemania - USA Duración: 103 minutos


Esta película esta baseada nun conto escrito por Ray Bradbury no que se relata a historia duns cazadores que viaxan no tempo ata chegar á prehistoria e sen darse conta matan a un insecto. Debido a isto, cando volven atopan un mundo totalmente diferente ao que coñecían nun principio. Este conto é un caso de efecto bolboreta.