Os científicos que buscan vida extraterrestre contan, a partir de agora, cun arma nova. E moi poderosa, segundo afirman os seus creadores nun artigo recentemente publicado en PNAS. Trátase dun novo modelo, o máis refinado de cantos existen, para identificar formas de vida en planetas fose do Sistema Solar. foi posto a punto por un equipo do University College, de Londres e céntrase no metano, a máis simple de todas as moléculas orgánicas e unha pista capaz de delatar a posible existencia de vida.

Para pescudar de que está feito un planeta remoto en órbita dunha estrela afastada, os astrónomos adoitan analizar o modo en que a atmosfera dese planeta absorbe as diferentes cores da luz do seu sol e comparan despois os datos obtidos cun modelo, ou espectro, que permite identificar a natureza das diferentes moléculas presentes.
Segundo Jonatjan Tennyson, coautor do estudo, "os actuais modelos do metano están incompletos e levan a subestimar gravemente os seus niveis nos diferentes planetas nos que se efectúa a medición. Podo asegurar que o noso novo modelo terá un gran impacto para o estudo futuro de planetas e estrelas frías fose do noso Sistema Solar, e axudará aos científicos a identificar neles signos de vida extraterrestre".
O estudo describe como os investigadores utilizaron un dos superordenadores máis avanzados de Gran Bretaña, o da Universidade de Cambridge, para calcular preto de dez mil millóns de liñas espectroscópicas diferentes. Cada unha delas reflicte unha cor distintiva no cal o metano pode absorber luz. A nova lista de liñas é 2.000 veces maior que calquera outra existente, o que significa que pode ofrecer información moito máis precisa nunha ampla gama de temperaturas ás que ata agora ninguén conseguira levar a cabo medicións.
http://www.abc.es/ciencia/20140616/abci-arma-nueva-para-buscar-201406161007.html
Ainoha Gómez Cid 1ºBach.D.