lunes, 20 de mayo de 2013

Unha panorámica da Terra

O Landsat da Data Continuity Mission (LDCM) é un satélite da NASA cuxa misión é monitorizar a Terra dende a atmosfera e poder así estudar os recursos necesarios para a sosteñibilidade da humanidade, tanto en alimento como auga e bosques. Ademais de controlar o impacto do crecemento de poboación, rexistra tamén os cambios que se producen no clima. Este tipo de satélites teñen unha órbita circular heliosincrónica ó redor da Terra a 705 kilómetros de altura. Con esta órbita, cada vez que cruzan o Ecuador, fano de Norte a Sur en 15 minutos.
Este satélite escaneou unha franxa da Terra de 9600 kilómetros de longo e 185 de ancho (19 megapíxeles), obtendo así unha incrible fotografía panorámica do noso planeta, a máis ampla tomada ata o momento. Abarca dende o centro de Rusia ata o norte de Sudáfrica. Nesta imaxe o 90% é terra, o que é pouco doado de lograr para unha panorámica tendo en conta que o noso planeta está cuberto de auga preto dun 70%. Na páxina web da misión recóllense todas as imaxes nun mosaico en alta definición:



Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

Confírmase que o ser humano é máis tonto que fai dous séculos


Segundo un estudo feito por varias universidades de Europa, o ser humán é máis tonto que fai dous séculos.

Este estudo afirma que os homes e mulleres da época vitoriana (época do reinado da raíña Vitoria de Inglaterra (1837-1901)) que destaca pola exaltación tanto científica como artística, eran moito máis intelixentes que na actualidade. Tamén asegura que a intelixencia dos países occidentais descendeu de forma notable desde fai uns séculos.

Parece ser que os científicos realizaron unhas probas aos cidadáns desde finais do século XIX ata a actualidade baseándose nos tempos de reacción aos estímulos visuais. E isto deu un resultado lamentable en canto á velocidade dos nosos reflexos xa que é moito máis penosa que a dos nosos antepasados.

Ademais, os científicos descubriron que un home promedio tiña un tempo de reacción de 183 milisegundos en 1884, un tempo que aumentou ata os 253 milisegundos en 2004. No mesmo período, o tempo de reacción das mulleres ascendeu aínda máis; de 188 a 261.


O tempo de reacción ante un estímulo considérase bo indicador da intelixencia dun individuo (sen importar o nivel de educación) e por iso, os investigadores conclúen que as actuais xeracións teñen un cociente intelectual 14 puntos inferior ao dos seus antepasados vitorianos (1,23 puntos menos por década). Esta cifra contradi o chamado efecto Flynn, según o cal o cociente intelectual da poboación tende a aumentar cada ano desde a Segunda Guerra Mundial.


Segundo explica no diario británico The Telegraph Michael Woodley, investigador da Universidade de Umea en Suecia e responsable do estudo, que se publica na revista Intelligence, «a nosa intelixencia diminuída débese probablemente a unha 'marcha atrás' no proceso da selección natural. As persoas máis intelixentes teñen agora menos fillos que en décadas anteriores (polas presións da vida moderna), mentres que as persoas con xenes menos favorables teñen máis». O estudo é polémico e seguramente encontrará oposición na comunidade científica

Enlaces:




Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

Qen quere tanto talento?

“Da penuria da situación económica española non só falan as dramáticas cifras do paro (6.202.700 desempregados). A taxa de temporalidade e a consecuente precarización no emprego é unha das máis altas de Europa. Un de cada catro contratos é temporal, o que responde á estrutura económica dun país na que predominan o turismo e a construción. O primeiro está lastrado pola estacionalidade. O segundo, por man de obra pouco cualificada. Que está a facer España para saír airosa da crise e corrixir as súas debilidades endémicas?
A resposta púidose atopar esta semana nos espazos dedicados á ciencia dos medios de comunicación. As historias de Ana María Martínez Gil, química; Diego Martínez Santos, físico, e Nuria Martí Gutiérrez, bióloga, son máis que elocuentes. 
Ana María Martínez Gil traballa no Instituto de Química Médica do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) e tivo que suspender a investigación sobre o Alzheimer na que estaba traballando. Acabouse o diñeiro, así que non poderá seguir indagando, de momento, sobre o fármaco que analizaba para combater tan terrible enfermidade.



Diego Martínez leva varios anos traballando fóra de España. Primeiro estivo no CERN (o Laboratorio Europeo de Física de Partículas) e agora no Nikhef, o Instituto de Física de Partículas de Holanda. Pretendía volver a España e inscribiuse na convocatoria das bolsas Ramón e Cajal, pero nin sequera foi preseleccionado. Dáse a circunstancia de que se decatou ao mesmo tempo de que a Sociedade Europea de Física dáballe o premio ao mellor físico novo de Europa, pero no Ministerio de Economía (do que depende a Secretaría de Estado de Investigación) rexeitáronlle por falta de liderado internacional. Martínez mostrou a súa perplexidade, pero tamén a súa comprensión. Os tallos neste sector foron tan drásticos que non hai sitio para tanto talento. As bolsas Ramón e Cajal (contratos, en realidade, de investigadores para cinco anos) iniciáronse en 2001 con convocatorias de 780 prazas anuais. O ano pasado nin sequera houbo convocatoria e para este adxudicáronse só 175 postos.

A historia de Nuria Martí non é moi distinta. Traballaba no Centro de Investigación Príncipe Felipe de Valencia, pero os recortes desembocaron nun ERE no que resultou afectada. Aquí tamén o tallazo foi espectacular. O Goberno valenciano reduciu á metade en 2011 o orzamento deste centro, que pasou de 9,8 millóns de euros anuais a 4,6. O despedimento deixou a 113 traballadores na rúa, moitos deles investigadores con evidente talento e forzou o peche de 14 dos 26 laboratorios existentes. A bióloga pediu traballo na Universidade de Saúde e Ciencia de Oregón e déronllo. Alí traballa agora e alí participou xustamente nun dos máis espectaculares avances da biomedicina dos últimos tempos: a obtención mediante clonación de células nai humanas, un fito histórico da historia da ciencia.
A educación e un alto e sostido investimento en I+D+i (investimento, desenvolvemento e innovación) son claves para a economía dun país, especialmente se este non dispón doutras fontes naturais de riqueza. Pero este Goberno (e con el as grandes empresas públicas e privadas) non parece disposto a modificar esta pobre estrutura, cunha baixa intensidade de investimento tanto público como privada en I+D+i  e unha alta proporción de ingresos provenientes do turismo e o ladrillo. Os recortes en Educación e investigación son os primeiros que acometeu, torpedeando as humildes melloras rexistradas nos anos precedentes.
A única receita do Goberno  para sacar a España do coma económico no que está sumida é a reforma laboral. Despreza outras ferramentas como a reforma da Administración, colonizada polos políticos, ou liñas financeiras que si hai para outros sectores, como o do automóbil, no que España non dispón de patentes e, por tanto, do valor engadido que enriquece a un país. E o caso é que, como di Joan Guinovart, director do Instituto de Biomédica, para incentivar a investigación non fan falla grandes sumas de diñeiro. O que fai falla, creo eu, é unha visión de longo alcance. Pero diso tamén carecemos.”
Este artigo foi publicado no pariódico dixital “El País”, baixo o título ¿Qué necesita tanto talento?.Foi escrito por Gabriela Cañas, e gustaríame invitar a todo o que lea o meu post a reflexionar. Reflexionar sobre a nosa situación, a dos estudantes que vemos cada día noticias como a destes xóvenes científicos, e tamén vemos aumentada a cifra dos novos emigrantes. Reflexionar e ver que, cando un rapaz deixa os seus estudos, ou non os deixa pero non busca dar o mellor de sí, non nos debería extrañar, porque a realidade non é a que nos pintaban hai uns anos, cando nos dicían que con estudar xa o tiñamos todo arranxado. Agora non. Agora, para traballar en España tes que ter “contactos”, ou se non, por moito que traballes no CERN, ou porque esteas buscando a cura ó mal do século XXI, aquí non vas traballar.

Fontes:
 http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/19/actualidad/1368981461_645043.html
Mauro Rivas Ferreiro, 1º C