viernes, 27 de mayo de 2011

Deforestación legal en Brasil

Hoxe na clase de CMC estivemos a falar sobre os bosques e a deforestación, así como, dos efectos de ambos os dous sobre o cambio climático. Con tal motivo, edito esta noticia.

O Congreso brasileiro aprobou o martes o novo Código Forestal. Ecoloxistas e científicos denunciaron que o texto favorecerá un aumento da deforestación e terá profundas consecuencias negativas para o medio.
O texto defendía a exención da reserva legal isto é, un espazo de preservación da vexetación orixinaria naquelas propiedades rurais de entre 20 e 400 hectáreas.
Tamén aprobou unha emenda que pon en risco as Áreas de Preservación Permanente (APP), espazos protexidos en zonas que se consideran vitais para o mantemento dos ecosistemas, como as marxes dos ríos. Ademais, a emenda autoriza a amnistía para os que infrinxiron a lei e deforestaron ilegalmente antes de xuño de 2008. Por último, o texto posibilita que os diferentes estados regulen nesta materia, o que, facilitará o labor de presión e clientelismo por parte do negocio agricultor.





A norma pasará agora ao Senado e, se é aprobada, deberá gañar o visto e prace da presidenta. Os datos oficiais apuntan a un aumento da deforestación na selva amazónica os últimos meses, que os ecoloxistas atribúen ás expectativas da aprobación do novo código.

Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B Fontes

Finalmente gustaríame que algún compañeiro, deixase a súa opinión sobre se está a favor ou em contra e deixando os seus argumentos.



No hay comentarios: