miércoles, 27 de octubre de 2010

Ler o pensamento. Relidade ou ficción?


Simulación da experiencia
Aínda que ler a mente segue sendo unha utopía, é posible que, nun futuro, póidase conseguir e, con iso, permitir a comunicación de pacientes con graves lesións neurológicas.

Un dispositivo desenvolvido por investigadores do Instituto Tecnolóxico de California foi capaz de rexistrar a resposta das neuronas do lóbulo temporal medio a distintos estímulos visuais.

Desta forma, os investigadores que publican o seu achado na edición de hoxe de Nature son capaces de adiviñar en que están pensando dentro das opcións ofrecidas no experimento.

Para levar a cabo o seu estudo, os científicos, dirixidos por Moran Cerf, aproveitaron os electrodos implantados no cerebro de varios pacientes para tratar as súas convulsións cerebrais e mediron a súa resposta ante determinados conceptos, que incluían desde personalidades como Madonna a lugares como a torre Eiffel.


Editado por Brais Gómez García 1ºA

No hay comentarios: