Coñecemos as medusas pola capacidade que teñen de ocasionar picaduras a través dunhas células urticantes situadas nos seus tentáculos. As medusas son depredadores moi voraces, capaces de alterar os ecosistemas mariños. Aparecen no verán, pero os cambios de temperatura das augas propician a súa aparición tamén no inverno.
A medusa Pelagia noctiluca pode formar enormes enxames visibles en costas e praias españolas. As medusas son depredadores moi voraces no alto da rede trófica, aliméntanse directamente de larvas de peixes e compiten polo alimento con outros organismos do zooplancton, polo que alteran a estrutura trófica dos ecosistemas mariños.

Un estudo dun equipo internacional no que participou o Centro Oceanográfico de Baleares do Instituto Español de Oceanografía (IEO) afirma que o aumento de medusas afecta ás pesqueiras, á acuicultura, e ao turismo. O aumento da cantidade e do tempo de permanencia das medusas débese sobre todo á sobrepesca e os efectos do aumento da temperatura da auga.
Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/12/09/ciencia/1291908055.htmlFeito por:
Yurema Seara Núñez 1ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario