Segundo os estudos realizados polo Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) atoparon na superficie do “65 Cybele”(un asteroide do sistema solar na categoría de asteroides primitivos) pequenas cantidades de auga xeada. O mesmo equipo de investigadores xa atoparan auga noutro asteroide do sistema solar a principios de ano, no “24 Themis”.
Isto fai suxerir que hai moita máis auga no Sistema Solar do que se cría. Ademais aporta novas evidencias á teoría que nos di que a auga chegou á Terra a través dos choques dos asteroides.
Os corpos espaciais, asteroides maiormente, están compostos por diversos materiais tales como arxilas, minerais, feldespatos, metais, ferro e níquel. E agora ademais podemos saber que tamén están compostos por auga e moléculas orgánicas. Ademais, o “65 Cybele”, ao igual que o “24 Themis” está recuberto por unha capa fina e granulada de silicatos anhídridos e substancias orgánicas complexas e tamén auga xeada.
Os estudos determinaron que hai auga en case tódolos corpos que hai antes de Xúpiter, o máis relevante é que se atopou xeo a unha distancia relativamente preto da Terra a 3 UA(unidade de mediada estudada no primeiro tema de CMC) equivalente 448.000 millóns de quilómetros. Pero sen dúbida o máis relevante é o feito de atopar auga en asteroides.
Andrea Gerpe Acosta 1º Bacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario