viernes, 29 de agosto de 2014

Procesos comúns entre o ADN humano, da mosca e do gusano

Para a información sobre os seres vivos están sendo un xerador importantísimo  as técnicas de secuenciación xenómica e os estudos de xenómica comparativa. Estase tratando de dar respostas a moitas das preguntas que hoxe en día aínda non as teñen, para iso diferentes proxectos tratan de deseñar o ADN humano e doutras especies para poder coñecer a súa base molecular. Ainda que o efecto na sociedade  tardará anos, esta semana publica a revista Nature cinco estudos que serán un referente para moitos científicos de todo o mundo.

Son estudos elaborados a partir de dous proyectos científicos:
  •       o ENCODE (2003)  establece a enciclopedia dos elementos do ADN humano.    
  •       o modENCODE(2007) xera un catálogo dos elementos funcionais da mosca da fruta e do xenoma do gusano.

Estos dous proxectos  añadiron datos das tres especies que foron  moi estudiadas en investigación  e moi distantes na evolución.Ambos han sido financiados  polo Instituto Nacional de Investigación del Genoma Humano, que forma parte dos Institutos Nacionales de Salud de Estados Unidos.

Descubriuse nun estudio comparativo un patrón xenético de expresión das tres especies, particularmente dos xenes involucrados no desenrolo, neste estudio utilizaronse mais de 67.000 millóns de secuencias xenéticas.




Según explica a El Mundo Sarah Djebali co-autora deste traballo e investigadora no Centro de Regulación Genómica en Barcelona "O que encontramos son un conxunto de xenes que parecen funcionar ao mesmo tempo en cada animal no seu desenrolo embrionario e de manera común. Esto confirma  una hipótese que había sobre o tema, que establecía que hai un momento no desenrolo embrionario onde a expresión dos xenes é igual en todos os animais. Serían como os xenes que son a base da vida"

Desta forma moscas, gusanos e homes comparten programas de apagado e encendido de xenes dunha maneira coordinada, é dicir, utilizan un patrón como método para expresar xenes que ademáis de funcionar en paralelo con cada unha delas son necesarios para o desenrolo.
Para poder aplicar ese coñecemento a mellorar a comprensión da bioloxía humana e das enfermidades, os investigadores tendrán que aprender as reglas da expresión xenética a medida que os organismos van desenrolandose.

Por outro lado, o grado de activación dos xenes para fabricar proteínas ou non podería predecirse en función dos características da cromatina e das histonas. Segundo explica Djebali "As histonas son proteínas que axudan a compactar ao ADN, é dicir, a empaquetalo de tal maneira que poida caber no núcleo da célula. As modificacións nas histonas -o epigenoma- son moi importantes tamén na expresión dos xenes. Descubrimos que podemos predecir a expresión dos xenes a partir da actividade das histonas"

Descubriuse que hay zonas do ADN que conteñen moita actividade e no que está involucrado un tipo de ARN que non se coñecía ata agora. Djebali sosten que ainda non se sabe moi ben como funcionan as proteínas encontradas; unha vez que se sepa entederemos como funciona o ARN.

Eric Green(director do Instituto Nacional de Investigación del Genoma Humano) afirma que todo o coñecemento logrado ata agora axuda de gran maneira a mellorar os nosos coñecementos sobre a bioloxía humana.

O traballo destes dous proyectos da para moito mais. Estos estudios van dende análisis mais profundos dentro dunha ou mais especies, a métodos de desenrolo ou investigacións sobre procesos biolóxicos particulares.



                                                Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBach-D

No hay comentarios: