domingo, 9 de enero de 2011

Inesperadas variacións na espectacular "nebulosa del Cangrejo"

A “nebulosa del Cangrejo” é un dos corpos celestes máis fermosos e mellor coñecidos polos astrónomos. Foi descuberta en 1758 como supernova(explosión dunha estrela masiva esgotada), rexistrada polos chinos no ano 1054.
A día de hoxe vese no ceo como un enxambre de filamentos; no seu centro, unha estrela de neutróns superdensa en rotación e emitindo radiación. Ten arredor de seis anos luz de diámetro e atópase a uns 6500 da Terra. En principio sabemos que é moi estable, de feito normalmente é utilizada como punto de referencia para observacións astronómicas de outros obxetos menos previsibles.
Nos últimos meses os astrónomos detectaron destellos de altísima enerxía emitidos pola famosa nebulosa con diferentes observatorios avanzados. Dous equipos internacionais de astronomía explican na revista Science que detectaron catro destellos de raios gamma na normalmente tranquila “nebulosa del Cangrejo” co telescopio Agile (Agencia Espacial Italiana, ASI) no pasado mes de Setembro; nos seguintes días fixérono cos telescopios de raios X Hubble e Chandra, xa que ademais foi similar a outro destello no mesmo lugar en Octubro do 2007. Ningún astrónomo soubo como explicalos.
Outro equipo de astrónomos, liderado por Aous Abdo e con participación dende o noso país, do Instituto de Ciencias del Espacio, informa tamén na revista Science de dous destellos detectados co telescopio especial Fermi: un é o de Setembro do pasado ano e o outro en Febreiro do 2010, no que a emisión de raios gamma incrementouse en un factor catro. Tampouco teñen explicación, pero suxiren que os raios gamma tan enerxéticos poden ser emitidos por radiación sincrotrón que xeran as partículas de máis alta enerxía que se poden asociar cunha fonte astronómica. Os espectaculares e inesperados destellos na “nebulosa del Cangrejo” ofrecen unha oportunidade única para someter a proba a perspectiva xeralmente aceptada da aceleración de partículas e as emisións de alta enerxía.
Hay que ter en conta que os descubrimentos e estudos detallados de destellos de raios gamma no universo abundan nos derradeiros anos grazas a varios detectores específicos que se puxeron en órbita para atopalos e observalos. Pensan que poden producirse un ou dous destellos gamma ó ano no rematente de supernova.



Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

No hay comentarios: