Os antibióticos non son inofensivos xa que poden ter efectos adversos e o seu mal uso pode producir a súa perda de eficacia. Debido a isto é necesario informar a poboación da necesidade de utilizar de xeito racional este tipo de fármacos.
Segundo a Teoría da evolución de Darwin a poboación de bacterias que produce unha infección son todas distintas desde un punto de vista xenético, unha son máis resistentes aos antibióticos que outras. O uso inadecuado destes fármacos, fan desaparecer por selección natural as máis débiles e quedan as máis fortes o que acelera a aparición de bacterias resistentes, algo perxudicia,l sen dúbida, para todo o mundo. Así, arriscámonos a que moitas infeccións bacterianas graves que ata o día de hoxe tiñan curación no futuro non o consigan. Isto é un aspecto que entre todos temos que cambiar, preservando o valor curativo dos antibióticos. O Ministerio de Sanidade e Consumo, consciente deste problema, puxo en marcha desde o ano 2006 unha campaña informativa. O cartel e os spot que aparecen neste post son unha mostras da citada campaña.
O progreso das medidas hixiénicas, a mellor calidade das condicións de vida, as vacinas, os antibióticos, etc fixeron crer, erradamente, que as enfermidades infecciosas desapareceron ou farano axiña. Nada máis afastado da realidade. A sida, a tuberculose, as hepatites C e E, a enfermidade do lexionario, a malaria e a meninxite, entre outras. Este exceso de confianza que nos fai pensar que temos, en concreto, as infecciones bacterianas controladas, son as que estar a dar a cada día maior resistencia aos antibióticos .
Seguindo os consellos que aparecen a continuación poderemos diminuir ou amortiguar este problema:
- Non debemos precipitarnos á hora de tomar medicamentos. Non a automedicación.
- Os causantes de moitas afeccións respiratorias son virus ante os cales os antibióticos son ineficaces e polo tanto só o médico é o indicado para receitalos, no caso de que perciba algún tipo de risco por enfermidades subxacentes ou pola idade, así como para evitar sobreinfeccións.
-Seguir sempre medicación sen saírse das regras, empregando a dose recomendada e os días fixados polo facultativo.
- Non empregar medicamentos que atopemos por casa gardados porque seguramente non se adapten ó que precisamos nese momento, por iso debemos agardar e, se os síntomas continúan, ir ó médico.
-Á hora de compralos, aínda que sexan os receitados, procurar optar á medicación xenérica, posto que non sempre o máis caro é o máis efectivo.
-Sempre que teñamos medicamentos nas nosas casas, debemos gardalos e non telos á vista dos nenos.
Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario