domingo, 20 de febrero de 2011

Obesidade e evolución




Fai tempo lin un resumo dun artigo publicado en Nature (203: 599-602; 2003) no que se dicía que existen no mundo certas áreas cunha elevadísima proporción de diabéticos tipo 2, cuxa enfermidade non é imputable a malos hábitos alimenticios senón a unha anomalía xenética. Trataríase de poboacións que presentan xenes, aos que denomina «xenes aforradores», que permitirían unha utilización máis eficiente da comida e favorecerían a formación de depósitos de graxa e incrementos rápidos de peso durante os períodos de abundancia, co fin de acumular reservas para sobrevivir a posibles fames negras posteriores. Estes xenes, de gran utilidade no pasado, na época actual conducirían á aparición de obesidade e diabetes ante un exceso de comida e hábitos sedentarios.
Que curioso! o que pode facer a evolución. Non terei eu algún desos xenes aforradores?. Co permiso de Mario, cando teña cartos, poderíame facer un test xenético...





Editado por Carmen Cid Manzano

No hay comentarios: