miércoles, 16 de febrero de 2011

Un novo planeta no sistema solar ?

Xa hai un novo candidato para ocupar o sitio de Plutón no Sistema Solar. Trátase de Tyche, un planeta gaseoso entre unha e catro veces maior que Xúpiter, que orbita a un ano luz do sol nos confíns do Sistema Solar. O problema a todo isto é que aínda non se atopou, pero os investigadores cren que existe polo comportamento anómalo dos cometas, cuxas traxectorias poderías estar sendo influídas pola forza gravitatoria do planeta. Agora os investigadores esperan a que en abril o telescopio espacial de infrarroxos,WISE da Nasa, publique novos datos, e poidan ou non confirmar a súa existencia.




As respostas poderían tardar ata marzo de 2012, ata que se acaben de analizar os datos de WISE. Un dos investigadiores principais do telescopio di "Non é unha tolemia, pero si unha especulación".




Para máis infromación: Click aquí

Editado por Lidia Blanco Otero 1º Bac. A

No hay comentarios: