domingo, 24 de abril de 2011

Árbores que salvan vidas, en perigo de extinción

Ás veces os científicos recorren á Natureza en busca de remedios para a saúde, pero algúns deles poden estar desaparecendo antes de ser aproveitados: árbores e arbustos utilizados durante séculos polo medicamento tradicional africano están en risco de extinción.
A posible causa son a descontrolada deforestación que ten lugar no Leste de África.
A investigación foi desenvolvida en tres países (Tanzania, Kenia e Uganda). O centro ICRAF quería preservar exemplos das plantas antipalúdicas no seu banco de xenes, onde de 200 especies unhas 30 teñen estas propiedades.

Algúns exemplos: a quinina (o tratamento histórico máis estendido contra a malaria) provén da cortiza da árbore suramericana Cinchona; e a artemisa é o arbusto asiático utilizado máis recentemente por ser máis efectivo, aínda que en África non chega máis que ao 15% dos afectados. Ademais, o parásito xa se está facendo resistente a esta droga, polo que urxe a atopar outras alternativas.

Unha das que están a piques de extinguirse é o 'Zanthoxylum chalybeum', un arbusto espiñento que crece na sabana no leste africano. As comunidades usan a súa cortiza e as súas raíces para baixar a febre e outras fan infusións coas súas follas.
Outra especie en perigo pola sobreexplotación da madeira son as oliveiras salvaxes ('Olea europaea africana'): o extracto dos seus compoñentes orgánicos é antipalúdico e tambien actúa como laxativo para expeler parásitos e a solitaria.



Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/21/ciencia/1303388539.html
Feito por: Yurema Seara Núñez, 1ºB

No hay comentarios: