sábado, 16 de octubre de 2010

Récord Guiness en clasificación de especies









Eu, ó igual cá miña compañeira Coral,vou adicar o meu primeiro espazo ó tema da BIODIVERSIDADE. Hoxe saíu unha noticia no periódico que me deixou realmente fascinada. E é que se batiu un auténtico récord guiness na bioloxía! Descubriuse nin máis nin menos que un verdadeiro imperio de especies novas de caracois mariños!Isto así dito sei que a moitos de vós tal vez non vos impresione moito pero..e se vos digo que dous aficionados españois á ciencia (un deles galego) ,expertos en micromoluscos, acaban de descobrer e redactar o 1º estudo da nosa historia que recolle o maior número de especies novas dun só xénero? 272 ESPECIES totais de caracois mariños DUN MESMO XÉNERO, os Turbonilla. Eles describen todas as que acaban de achar,que son concretamente 209 dese total.










Xamais dun só xénero nin dunha soa familia ,se describiron tantas especies nun só traballo.
No ano 2000 o Museo Intern.da Historia Natural de París destinoulles a Anselmo Peñas e a Emilio Rolán o estudio da familia dos Pyramidelloidea.
Estes expertos xubilados en micromoluscos, despois dun longo decenio de análises, descartes,evaluacións, etc; deron clasificado tales organismos taxonómicamente (Acabamos de falar disto no tema anterior de bioloxía, deberiades saber o que quere dicir esta palabra!)Iso si,foilles moi pero que moi complicado dado o diminuto tamaño e a numerosidade dos organismos a clasificar.En fin,un traballo enorme do que aínda lles queda moito por dicir.Creo que visto o visto (como ben apunta Anselmo Peñas) queda aínda máis demostrada a tremenda ignorancia do ser humano cara á natureza, e canto aínda nos queda por coñecer,sexa nas profundidades mariñas ou nos densos bosques amazónicos.







Eva Rodríguez Casas.1ºBacharelato B.

Para saber máis sobre a noticia :
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/15/ciencia/1287148704.html






Recoméndovos enormemente que vexades o vídeo , está moi ben e vos enterades da noticia moito máis rápido e dunha forma máis amena.

No hay comentarios: