sábado, 8 de octubre de 2011

Unha chuvia de estrelas asoballa o ceo

Os meteoroides creados polo cometa 21P/ Giacobini- Zinner ( As Dracónidas ), alcanzarán neste 8 de Outubro a súa máxima actividade provocando a maior chuvia de estrelas coñecida dende 2002 (600-800 estrelas fugaces por hora).

Este fenómeno producirase debido ao contacto dos rastros de pó coa atmosfera terrestre, que se quentan e pulverizan dando lugar ao meteoro. Haberá algún que outro problema leve para observar a fantástica " tormenta ". Entre eles, a Lúa. Debido a condición na que se atopa, (casi chea), determinase (segundo o Instituto de Astrofísica de Canarias) que só se poderá apreciar entre un 5% e un 20% das estrelas.

O fenómeno poderá asexarse entre as 18 e as 23 horas (na Península) e permitirá aos científicos comprobar a actividade do cometa "21P ", para determinar a súa órbita e o risco de colisión cos demais satélites que orbitan á terra.

Axencias espaciais como a NASA e a ESA realizarán o esforzo de enviar avións e outros medios tecnolóxicos para a súa precisa observación.

FONTES:

http:// www.publico.es/ciencias/400525/las-dracónidas-llenaran-el-cielo-esta-noche

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/07/ciencia/1317990022.html


Tamara Lorenzo Atanes, 1º Bacharelato - D

4 comentarios:

Carmen dijo...

Moi oportuna a túa entrada.

Ari dijo...

É unha entrada moi interesante :)

Niyura... dijo...

Tamara, non sei se saberas que estes meteroides se chaman así porque parece que proveñen e que van a constelación Draco.

Eu intentei observala "choiva", pero desgraciadamente as luces da miña rúa non me deixaron. E aínda tiven sorte de que puiden ver unha estrela fugaz.

Saúdos

Coral

Alba González Álvarez dijo...

Tamara,grazas a túa entrada sei máis ou menos o que ven sendo unha estrela fugaz,e tes moita razón,o sábado a eso das 22.00h puiden observar un monton delas no ceo estrelado que houbo,pero só me quedei con 2. marabillosa a túa entrada :)