viernes, 4 de noviembre de 2011

Descobren o púlsar máis brillante

A revista Science publicou onte o descubrimento do púlsar de milisegundo máis brillante detectado ata agora.
Un púlsar é unha estrela formada por neutróns cunha gran carga magnética que xira sobre si mesmo moi rapidamente. Moitos deles  xiran a unha velocidade superior aos 70.000 km/s!
Este curioso elemento atópase na constelación de Saxitario, a uns 20.000 anos luz do noso planeta, e se trata do púlsar máis novo e con maior campo magnético que os científicos viron ata o día de hoxe.  É tan potente que mesmo os investigadores crían cas emisións de raios gamma detectadas no grupo globular onde foi atopado pertencían a unha poboación de púlsares de milisegundo, pero tras unha observación máis exhaustiva déronse conta de que era tan só un púlsar o que emitía estas radiacións.
O equipo de científicos encabezado por Paulo Freire, afirmaron que “os púlsares de milisegundo poden ser moito máis enerxéticos do que indican as teorías que tiñamos ata agora”.
Quen sabe canta forza poden chegar a ter estas estrelas de neutróns?  


Como curiosidade acerca dos púlsares, neste vídeo podedes escoitar o son das radiacións emitidas por un púlsar.




Fonte de información

Víctor Barbosa Losada - 1º Bacharelato D

No hay comentarios: