martes, 22 de noviembre de 2011

A maior extinción de especies na Terra xa ten data exacta.

A maior extinción de organismos vivos na historia da Terra, onde desapareceron o 90% das especies mariñas e o 70% das terrestres, sábese agora que tivo lugar concretamente hai 252,28 millóns de anos; segundo afirman algúns investigadores do Instituto de Xeoloxía e Paleontoloxía de Nanjing liderado por Shu-zhong Shen. Hai 250 millóns de anos, os continentes formaban unha única masa terrestre, Pangea, e o ámbito en terra firme variaba dende desertos ata selvas; os vertebrados de catro patas empezaban a diversificarse, entre eles, os anfibios primitivos, os réptiles e un grupo que incluiría despois aos mamíferos. Para iso estudaron fósiles, rochas sedimentarias e 29 capas de cinzas volcánicas no sur de China. A Terra, no tempo daquela extinción masiva, tiña niveis baixos de osíxeno nos ambientes mariños de augas superficiais e houbo extensos incendios en terra firme.Estes datos suxiren, según sinala por exemplo a prestixiosa revista Science, que os cambios ambientais moi profundos que se produciron, xunto con alternacións do clima, foron posiblemente debido á emisión masiva de dióxido de carbono e metano, e puideron disparar aquela enorme crise de biodiversidade. Ademais está claro que o quentamento global actual é preocupante. Por iso o rexistro xeolóxico que teñen os investigadores indica que constantemente se producen cambios, e que a vida se recuperou a partir daquela grande extinción.



Nathalie Martínez Ribao 1ºD BACH. Nº19

No hay comentarios: